Skip to Content

María

María

Coidamos o noso planeta

Hai algunhas semanas fixemos un vídeo sobre cómo cuidar o noso planeta. O primeiro de todo foi aprender a reciclar, continuamos co bo uso da auga e para rematar, puxemos unhas normas básicas para coidar o noso planeta.

Debemos lembrar que non somos donos da Terra, senón que somos os seus  invitados e temos o deber de coidala.
Está feito con moito agarimo e aos rabichos de 1º custoulles un pouquiño poñerse diante da cámara por primeira vez.
Esperamos que vos guste moitísimo.

 

https://drive.google.com/file/d/1DB6cCgqMTPkWp4rYkh7fwNAULp-_Ydx-/view?usp=drivesdk

Valores “Os nosos poderes”

O mes pasado fixemos esta actividade en valores. Cada neno/a pensou nun poder que ten, porque si, non todos os superheroes levan capa. As veces basta con ser bo compañeiro ou axudar aos demais cando o precisan.

Para vela soamente tedes que pinchar na ligazón que vos levará á unha imaxe. Para ver o que fixeron hay que pinchar nos iconos que se ven. Lembrade poñer  o volume alto, posto que tamén ten audio.

 


https://www.thinglink.com/scene/1369392463331983362

CANCIÓN PARA A PAZ 2014

CANCIÓN PARA A PAZ 2014

OS NENOS DE QUINTO CREAN AS SÚAS COPERATIVAS ESCOLARES

 

O proxecto educativo é o seguite:

 

MERCALANDIA
 MERCAVALADARES

 

Decidimos crear dúas coperativas asociadas, para ser todos socios traballadores, aportar o capital inicial e empregar os beneficios obtidos nunha actividade conxunta.

 

Antes do Nadal fixemos a primeira venta no colexio, queremos agradecer a participación masiva de alumnos, pais e mestres, foi todo un éxito!:

Estes son algúns dos productos máis vendidos:

Estamos creando o noso catálogo, que colgaremos nesta web para que poidades facer pedidos a través dos nosos correos electrónicos:

mercavaladares@gmail.com

mercalandia@gmail.com

 Estamos entregando e cobrando os pedidos dos nenos do cole os venres, pois é o día que adicamos ás cooperativas.

 

Premiados 2º trimestre.

Entrega de agasallos aos gañadores dos concursos convocados pola biblioteca durante o 2º trimestre.

Parabéns a todos e todas.

 


LIM

ABRILIBROS

Como ben sabedes no mes de abril conmemoramos dúas datas moi especiais: 2 de abril (o nacemento de Andersen ) e 23 de abril: DÍA DO LIBRO  (o pasamento de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega).
No colexio tivemos moitas actividades:Exposición de cine, Contarte, Visita de autores, Maratón de Lectura, Madriñas e padriños lectores e recomendacións de libros.


 

CONTARTE

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow generated with Smilebox
Distribuir contido


by Dr. Radut