Informámosvos que a directiva de FOANPAS vai organizar diversas charlas a partir do vindeiro mes de marzo, tres delas levadas a cabo pola Rede Galega de Centros de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar:
PREMER NAS IMAXES PARA ABRILAS | ||
- O meu fillo non me fai caso. Problemas de conduta: 22 de marzo
- O meu fillo non ten amigos. Habilidades sociais: 19 de abril
- O meu neno abúrrese na clase (TDA/H ou altas capacidades): 10 de maio
E outra polo Gabinete de Logopedia e Psicoloxía Lingoreta:
- O meu neno non durme ou come ben: 27 de marzo
Todas elas terán lugar no Instituto Municipal de Educación e sempre en horario de tarde, de 18.00 a 20.00 h.
Serán unhas charlas de temáticas moi variadas e actuais, que estarán abertas a toda a comunidade educativa. Os que esteades interesados podedes inscribrivos vía telefónica: 986298812, vía fax: 986242359, correo electrónico: foanpas@foanpas.com, a FOANPAS antes do vindeiro 16 de marzo de 2012.
Por outra banda, o Gabinete Lingoreta oferta a oportunidade dunha semana de portas abertas para posibles consultas gratuitas dos pais/nais. Dita semana será do 5 ao 9 de marzo e os interesados poderán facer uso dela cunha cita previa que se lles facilitará chamando ao propio gabinete: 647 64 97 00 / 986 11 00 10. |
|