Dentro do Programa do Departamento de Orientación, iniciouse este ano o desenvolvemento dun Programa de Educación Emocional. Trátase dun programa de innovación educativa que favorece o crecemento físico, emocional, intelectural e social das persoas. Ademais promove a comunicación e a mellora da convivencia.
Entre as actividades levadas a cabo, destaca a de "Reflexarte", creación do rincón das emocións onde aprendemos a xestionar as nosas propias emocións, a relaxarnos a compartir, etc.
Traballáronse tamén as distintas emocións (empatía, autocontrol, etc) ,creamos as nosas escaleiras con mensaxes ilusionantes e reflexivos e diseñamos murais cheos de amor e cariño.