Skip to Content

Campaña de saúde visual contra o fracaso escolar

 Ata o 31 de outubro faranse revisións para nenos entre 5 e 7 anos e regalarase un par de gafas a todos os que o necesiten.

Un ano mais, a Fundación Alain Afflelou puxo en marcha a Campaña de Saúde Visual Contra o Fracaso Escolar. O seu obxectivo é a detección precoz dos problemas visuais na infancia. Durante un mes e medio, realizaranse exames visuais de balde a nenos de entre cinco e sete anos en todas as ópticas ALAIN AFFLELOU. Este ano con especial dedicación á ambliopía ou comunmente denominado ollo vago.

Do 15 de setembro ata o 31 de outubro, todos os centros ALAIN AFFLELOU de España levarán a cabo revisións oculares de balde a nenos de entre cinco e sete anos no marco da súa Campaña de Saúde Visual contra o Fracaso Escolar, este ano facendo foco sobre a importancia da detección a tempo da ambliopía ou “ollo vago”.

Tras a revisión, a firma regalará un par de lentes a aqueles nenos que o necesiten. Igualmente, farase entrega aos pais dun carné de saúde visual para o seguimento e debido cumprimento das revisións marcadas.

Os únicos requisitos para poder participar nesta campaña son: acreditar a idade do neno e pedir cita dentro do marco desta Campaña. Durante a Campaña de 2013, realizáronse 10.265 revisións visuais e regaláronse 5.611 lentes.

 



page | by Dr. Radut