ANPA IGREXA- VALADARES
ANPA MONTE DO ALBA
A ANPA INFORMA:
Para aqueles que aínda non se anotaron ás actividades extraescolares, teñen unha última oportunidade ata o día 3 de outubro. Informarvos de que definitivamente, as actividades que non van a saír por falta de nenos son: Taekwondo, Xadrez, Teatro e Baile moderno.
Grazas a un convenio coa Universidade de Vigo, podemos ofertar informática e inglés a lO,50€ ó mes. Os profesores serán estudantes de último curso da Facultade de Filoloxía Inglesa e da Escola Universitaria de Telecomunicacións de Vigo.
Informática e iniciación á robótica queda aínda pendente de que academos o número suficiente de nenos, así que agardamos a que vos animedes.
Tamén temos a posibilidade de impartir un taller de cociña con Cristina, a profesora de sempre, condicionado tamén ó número de nenos
Os nenos que soliciten máis dunha actividade terán un desconto do 10% na segunda e sucesivas actividades, tamén se aplicará a irmáns atá un máximo de 3€.
INGLÉS: Un grupo 3 a 7anos Un grupo de 8 a 12 anos Xoves de 16:00 a 17:30 10,50€ € ó mes |
COCIÑA (a partir de tres anos) xoves de 16:00 a17:30 15,50 € mes Para ingredientes: 10 € en outubro 10€ en febreiro |
MANUALIDADES (a partir de catro anos) (arte, debuxo, pintura) Venres de 16:00 a 18:00 15,50€ ao mes (todo o material incluído) |
INFORMÁTICA E INICIACIÓN Á ROBÓTICA ( desde 1º de primaria) Mércores de 16:00 a 17:30 De 10,50€ mes |
Podedes descargar o impreso aquí: IMPRESO