INICIO DOS TRÁMITES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN
Xornada de portas abertas: mércores 31 de xaneiro ás 16:30h.
O procedemento iníciase coa RESERVA DE PRAZA para o alumnado adscrito a un centro e que cambia de etapa educativa:
- Alumnado que vén para primeiro da EEI Monte do Alba: Entregaráselle o formulario na súa escola para ser remitida ao CEP Plurilingüe Igrexa Valadares.
- O alumnado de sexto do noso centro que vai para 1º da ESO ao IES Valadares. Entregóuselle documentación que debe cumprimentar e entregar no centro o antes posible.
SOLICITUDE DE RESERVA CENTRO ADSCRITO:
Prazo aberto: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro
No caso de solicitar praza noutro centro, deberase renunciar á praza no Igrexa Valadares antes do 1 de marzo. Para renunciar premer aquí.
O prazo para as solicitudes do alumnado procedente doutros centros, será do 1 ao 20 de marzo.
ALUMNADO MATRICULADO NESTE CENTRO NO CURSO ACTUAL
Segundo a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, os alumnos/as matriculados neste Centro no curso actual teñen garantía de permanencia e NON terán que entregar ningunha documentación para a reserva de praza para o curso 2023-24.
DATAS |
|
15 xaneiro5febreiro |
Presentación da solicitude de reserva. ANEXO I MODELO ED550A
|
Antes do1 de marzo |
Publicación vacantes.
|
1 marzo-20 marzo |
Solicitude de admisión de alumnado procedente de centros non adscritos. ANEXO II MODELO ED550B
|
Antes do 25 de abril |
Publicacións das listaxes provisionais.Reclamacións. Resolución das reclamacións. |
Antes do 15 de maio |
Publicación listaxes definitivas |
20 a 30 de xuño |
Formalización MATRÍCULA Primaria. ANEXO III-1.Prazo límite de presentación da documentación non aportada. |
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Tramitación online da reseva de praza:
https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado