RETO II FINALIZADO, GRAZAS FAMILIAS!
Achégase un día moi especial... o 17 de maio, data na que como sabedes, sempre festexamos as Letras Galegas, así que este reto o adicaremos ás nosas larereteiras!
Para comezar aprenderemos a canción Verdescente, dun grupo que tivemos no colexio: Uxía Lambona e a Banda Molona, os lembrades?
Escoitaremos atentamente a canción para poder cantala soliños, ou acompañados pola familia... estaría xenial! Pinchade na imaxe para acceder:
Cando xa a teñamos algo memorizada tentaremos interpretala sobre a base musical que segue:
Pinchade na imaxe de precisades ampliar a letra:
Por último gravamos un vídeo ou audio cantando esta fermosa peza para enviala ao correo do cole e que a comunidade educativa poda gozar da nosa versión.
Podedes facer un anaco xa sabemos que para os máis cativos é bastante longa.
Lembrade que no caso de decidirnos polo vídeo, solo poden aparecer imaxes dos nenos do centro, non dos acompañantes!
Moito ánimo e a crear!
Xa temos as primeiras interpretacións, grazas a todos e todas!:
· A familia de Gabriel (3º)
· Erea (3º)déixanos o seu agasallo.
· Mara (6º) e Lena (3º) acompañadas polo seu pai, que é quen compuxo esta fermosa peza.
· Elia (3º) e a súa nai atrevéronse a enviar audio e vídeo.
· Tamén chegou a interpretación de Leire (3º).
· María (6º) e aos coros… o pequeno Rodrigo.
· E chegou tamén a achega de Mara (1º) e André (4º).
· E xa temos aquí a Valeria (3º) escoitade que artista!
· Adrián (6º) deixounos a súa creación... escoitade!
· Paulo (2º) canta para nós! aquí vos queda...
· Xoel (5) deixounos este agasallo.
· Temos aquí o audio de Sabela (2º) non deixedes de escoitalo!
E aquí vos deixo uns audios que quedaron esquecidos polo camiño... desculpade a tardanza cativiños e cativiñas!
· Cata (4º) e David (2º), dous verdadeiros artistas.
· Erika (3º) cunha voz inconfundible.
· Ruth (5º)... seguro que vos encanta como a mín!
· E aquí podedes gozar da fermosísima voz de Gloria (3º).
Elia creou unha fermosa montaxe que podedes ver aquí:
Xa fai días que Sabela (4º) deixounos o seu RETO II, por fin podemos gozar del!
A pequena Olivia (2º), quere compartir con nós este fermoso vídeo:
Xa temos aquí o RETO II da familia de Hugo (2º), que cubriu o permiso de imaxe dos acompañantes para que podamos gozar da súa creación!
Lucía (1º) déixanos a súa arte. Grazas Luci!
Hoxe vos deixo uns vídeos divertidísimos, a cargo de Hugo (4º).