|
O xoves 28 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º achegouse ao Auditorio Teatro Afundación Vigo para asistir ao concerto didáctico "Cousas de 4" interpretado polo grupo musical Odaiko Percussion Group. Achegáronse a instrumentos do mundo da percusión contemporánea e a diversos elementos de nova creación. Un espectáculo con moita improvisación e efecto sorpresa. Catro son os elementos que definen este show que busca que o inxenio se retroalimente, evolucione e que o camiño da creación continúe espertando.
|