Quinto

Sexto

Quinto

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA

 Como cada ano ao principio do curso, a biblioteca do Carlos Casares abriu as súas portas para todo aquel que a queira visitar. A inauguración foi o día 5 de outubro ás 9:40 na entrada do colexio. Contamos coa colaboración do alumnado de 5º e 6º. Lucía, Lúa e Antía de 6º foron as encargadas de ler o novo pregón, adaptado este ano ao folclore galego e con toques do noso Conxuro da Queimada. O tamborileiro foi Javi de 5º que, a pesares dos nervios, levou o ritmo estupendamente. A partir dese día, todos os nenos e nenas do cole puideron facer uso da nosa biblioteca para consultar información e para coller libros de lectura. Como novidade, tamén se fixo unha ficha de empréstitos para as familias, que poden vir a coller libros nas tardes de luns a xoves en horario de 16:30 a 18:00 e así compartir tempo de lectura cos seus fillos.

 

 

 

Queredes ver o ben que o fixeron os nosos pregoeiros? Deixámosvos o vídeo deste acto de inauguración. 

 

ELABORAMOS AS NORMAS DA BIBLIOTECA

 

A principio de curso, e entre todo o alumnado, elaboráronse as normas da biblioteca. Cada neno/a debuxou e escribiu nun folio ou cartolina a norma que  considerase importante cumplir en calquer biblioteca. Todos os traballos foron expostos nos corredores do cole.  Escolléronse varias delas  para poñer na biblioteca e así recordadarllas aos usuarios.

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Durante o mes de novembro, co motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero que se conmemora o día 25 de novembro,o alumnado de 5º, estivemos a desenvolver unha investigación sobre este tema. Aprendimos moitas cousas!!!!. No arquivo adxunto están algúns dos nosos traballos.

Tamén fixemos un artigo para a revista.

LETRAS GALEGAS - ANTÓN FRAGUAS

O alumnado de 5º traballamos nunha unidade didáctica sobre Antón Fraguas para coñecer mellor ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.


LAPBOOK DE XEOMETRÍA

O alumnado de 5º elaboramos un lapbook coas principais figuras xeométricas.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

O alumnado de 5º participou no concurso de fotografía matemática organizado polo IES de Salvaterra. Velaquí unha das fotos presentadas.

 

MAXIA VS CIENCIA

O luns 18 de marzo o alumnado de 5º e 6º asistimos a un obradoiro de maxia presentado polo mago Paco. Gustáronnos moito os seus trucos e quedamos abraiados coa relación que existe entre a maxia e a ciencia. 

 

 

PREMIOS NOBEL DA PAZ

O alumnado de valores de 5º investigamos sobre algúns dos galardoados ao longo da historia co Premio Nobel da Paz. Despois, cada un fixo unha pancarta cos resultados da investigación.

                    

EXPOSICIÓN - AS CARAS DOS LIBROS

O alumnado de 5º asistimos á exposición titulada "As caras dos libros" situada no salón de actos do centro. Nesta ocasión, Íker, Darío e Antía de 6º foron os nosos guías e fixérono moi ben!

 

CHARLA COMPOSTAXE

O alumnado de 5º e 6º asistimos a unha charla sobre compostaxe na que nos falaron das composteiras, de como facer compost e dos diferentes desfeitos orgánicos útiles para o mesmo.


Distribuir contido