Blogue Primeiro Ciclo

Por primeirociclo
04/01/24

Coma cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega aportan ideas en canto a lecturas e xogos para que o alumnado do noso centro poida incluír nas súas cartas aos Reis Magos. Dende o CEP Carlos Casares desexámosvos boas festas e próspero aninovo.

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
04/01/24

Este curso temos un club de lectura por ciclo:

Os Lectubers do 1º ciclo (TORIBIOS)

Os lectubers do 2º ciclo (O CAN RIN)

Os lectubers do 3º ciclo (FOLLAS NOVAS)

 

Este trimestre tivemos o noso primeiro encontro e pasámolo xenial. Falamos dos libros que lemos durante o verán e os libros que estamos a ler agora, dos que nos gustaron moito e dos que non tanto argumentando o motivo e falando un pouco do libro. Descubrimos a diferente variedade de libros que nos gusta a cada un de nós. Falamos das propostas de autores/as que nos gustaría que visitasen o noso cole e buscamos libros deses autore/as na  nosa biblioteca. Tamén  buscamos  na internet  información dos autores/as e outros libros que non temos na biblioteca.

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
07/11/23

O 24 de outubro celébrouse o día das bibliotecas. Comezamos a semana recordando a importacia e as posibilidades da biblioteca como lugar de lecer, entretemento, investigación e creación...Agasallouse cun marcapáxinas coa mascota da nosa biblioteca ao alumnado novo no centro. Tamén comezamos coa ruta das mochilas viaxeiras, cada unha delas con material adaptado ao curso.  Agardamos que vos guste o seu contido e que desfrutedes en familia!

 

 

Etiquetas:
Por primeirociclo
07/11/23

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro “OS XOGOS POPULARES” co título “Lerias e enredos doutros tempos”.

O 10 de outubro tivo lugar a Inauguración da nosa biblioteca coa lectura do tradicional pregón no que se anunciou dito proxecto e se falaron das normas de uso e horario.

Para dito evento fíxose unha audición para seleccionar aos mellores pregoeiros/as e os mellores tamborileiros/as. Presentáronse moitos alumnos e alumnas que o fixeron moi ben e aos que lles facía moita ilusión participar facendo moi difícil a decisión do xurado. Finalmente os elixidos foron: Roi de 1º, Nora e Aldara de 4º, Antía e Zoe de 5º e Níobe de 6º como pregoeiros/as e Lois de 3º e Adriana de 5º como tamborileiros/as.

Parabéns a todos/as e moitas grazas pola vosa participación.

 
Etiquetas:
Por admin
16/10/23

Pouquiño a pouco volvemos á normalidade, cargadiños de actividades a realizar, pero antes de nada, dade unha voltiña pola nosa galería de fotos do ano pasado para facervos unha idea do todo o que vos a partires de agora!!!

Que teñades moi bo curso!!

Etiquetas: