Blogue Primeiro Ciclo

Por admin
11/10/22

O día 5 de outubro inaugurouse a tempada de actividades extraescolares do curso 22 - 23.

Estes/as nen@s pasarán á historia por ser @s primeiros en usar o que será o comedor da escola. Estrean mesas, cadeiras, electrodomésticos, espazo, compañeir@s e mestras. Que sorte teñen!!!

A primeira recita que fixeron foi "Rolos de chocolate" e estaba deliciosa!!

Etiquetas:
Por admin
20/09/22

Unha das cousas que máis medo lle da aos nenos que chegan novos á nosa escola (e ás familias tamén para que negalo) é a volta a casa no autobús escolar. No CEP Carlos Casares temos todo previsto e para que vaian máis tranquilos o alumnado de sexto nivel, que xa son expertos, acompañanos os primeiros días para ensinarlles cal é a parada na que teñen que baixar. 

 

Etiquetas:
Por admin
14/09/22

Por fin chegou o tan esperado día de regreso á escola. Nós, os mestres e mestras do CEP Carlos Casares estabamos desexando vervos de novo. Ver as vosas cariñas de incertidume por saber quen será o voso titor ou titora é marabilloso.

Ese día, todos o claustro do cole sae a recibirvos e a nosa directora Sonia da un pequeno discurso de benvida mentras vós esperades acompañados das vosas familias.

Este ano ocorriusenos sacar fotos dese momento, non o facemos nunca e sempre se bota de menos a final de curso ver todo o que cambiastes dende o comezo.

Aqui as tedes.

 

 

Etiquetas:
Por admin
23/05/22

O pasado 2 de maio conmemorouse o día contra o acoso escolar. Mara, Mateo R., Nacho e Noa de primeiro nivel coa axuda da mestra Silvia, realizaron un programa de radio especial sobre o tema. Fixérono moi ben, a que si? Escoitádeos

BOA ESCOITA

Etiquetas:
Por admin
28/02/22

O noso alumnado chegado por primeira vez ao CEP Carlos Casares decidiu investigar sobre o concello no que está situado o centro, Salvaterra de Miño. Descubriron cousas tan interesantes que pensaron que sería unha idea magnífica compartir a súa sabiduría con todos e todas nós. A nós pareceunos unha idea brillante, a ver que vos parece a vós. Estaban moi nerviosos, isto de falar diante dun micro impón moito respecto, pero fixérono xenia! Escoitádeos!!

BOA ESCOITA

Etiquetas: