Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por terceirociclo
27/04/19

O mércores 24 de abril o alumnado de 5º e 6º recibimos unha charla sobre a violencia de xénero. Nela faláronnos do que se entende por violencia de xénero, dos distintos tipos de violencia, dos micromachismos e doutras moitas cousas interesantes e actuais. 

 

Etiquetas:
Por belencasar
25/04/19

Durante os recreos dos martes dos meses de febreiro e marzo o alumnado fai diferentes xogos no tempo do recreo no que o balón desaparece.

A finalidade da actividade é que todos os nenos/as do centro xoguen sen conflitos, nun ambiente tranquilo e de axuda mutua.

Facer este tipo de xogos descende a conflitividade do patio e crea situacións que favorecen novas relacións de amizade.

 

 

Etiquetas:
Por belencasar
25/04/19

Actividade de sendeirismo programada para o alumnado de 4º, 5º e 6º nivel.

Percorrido: Ponte Internacional de Tui, Paseo fluvial, alameda de santo Domingos, Veiga do Louro e ponte medieval, EDAR (Guillarei), Paramos, Baldráns e balneario de Caldelas.

O obxectivo desta actividade é conxugar a actividade física e o coñecemento do medio nos seus aspectos ambientais, culturais, arquitectónicos e históricos,

O alumnado fai a senda organizado en cinco grupos nos que van misturados alumnos/as dos tres niveis. Cada grupo vai acompañado por unha mestra e mentras fan o percorrido deben ir completando unha serie de preguntas e actividades que hai no caderno de campo que lles foi entregado ao comezo da ruta.

Aqui podedes ver o caderno do que vos falamos.

 

Queredes ver algunha imaxe da andaina? Aqui vos mostramos algunha, a verdade é que as caras do inicio non teñen nada que ver coas do final, pero ainda así mereceu a pena polo ben que o pasamos...

 

Etiquetas:
Por belencasar
25/04/19

O día 10 de abril o alumnado de 4º e 5º nivel foi invitado a participar na SEMANA DA CIENCIA que todos os anos organiza o IES Salvaterra de Miño.

Este ano, estaba adicada ao tema da alimentación a través dos tempos. Así, aprenderon cousas moi interesantes sobre o que comían as antigas civilizacións que poboaron o planeta. Pero tamén había outro tipo de experimentos e actividades: para que serve o composteiro, que é o BIG DATA, os encoros do Miño, papiroflexia... E todo moi ben explicado polos rapaces e rapazas do IES, que ademais, moitos deles foron antigos alumnos nosos. PARABÉNS! Un placer compartir esta xornada con vós!!

 

Etiquetas:
Por belencasar
25/04/19

O pasado 9 de abril viñeron de Revitaliza Compostaxe a dar unha charla sobre compostaxe, que nos viu moi ben para saber como podemos poñer en marcha o noso composteiro. Como ao alumnado mais pequeno a charla se lles facía moito, trouxeron "O XOGO DA MIÑOCA",  unha versión do xogo da oca para aprender moitas cousas sobre o tema da charla.

 

 

Etiquetas: