Quinto

Sexto

Blogue Terceiro Ciclo

Por primeirociclo
26/03/19

      O proxecto  que estamos levando a cabo no presente curso é o FOLCLORE GALEGO polo que o alumnado de 5º, na clase de Relixión,  estivo investigando LENDAS GALEGAS. Investigou sobre a  SANTA COMPAÑA, a lenda de SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, A COCA DE REDONDELA, O LOBISHOME, A LENDA DOS MOUROS, O TARDO E O NUBEIRO.

 Pasámolo xenial e aprendimos moito!!!!!!. 

 Podedes ver os nosos traballos no arquivo adxunto.

 

 O resto do alumnado (de 3º a 6º) viu un video sobre a mitoloxía  e lendas galegas  que poderedes visualizar  a continuación.

 

Etiquetas:
Por belencasar
23/03/19

Por se fora pouco todo o que facemos neste centro, ocorrreusenos montar un HORTO no patio da nosa escola coa axuda do Concello. Chamamos a un carpinteiro que nos puxo uns tablóns para delimitalo, e como nós todo o facemos ao grande, quedou ENORME!! Tamén trouxeron unhas pedras para facer uns camiños que entre todos fomos levando e colocando no sitio. As nosas mestras, solicitaron unhas xornadas de formación para poder axudarnos e resulta que lles dixeron que a época para plantar era agora, así nos puxemos mans á obra. Dividiron o horto en seis partes, unha para cada nivel, e alá que saimos todos por turnos a plantar os nosos produtos. Non sabemos que sairá do que plantamos, pero... imaxinade por un momento que todo vai para adiante, teremos fresas, leituga, escarola, chirivías (alguén viu unha algunha vez?) patacas, tomates... Nós vámolo coidar con moito cariño...

Prometemos invitar a merendar!!

 

Etiquetas:
Por belencasar
18/03/19

Pero como nos gusta a nós o Club de Ciencia e as súas actividades!! Cada sesión nos sorprende mais!! Hoxe, dentro das actividades programadas, visitou centro O MAGO PACO, cun obradoiro metade ciencia, metade maxia. Pasámolo de marabilla e sorprendeunos moitísimo. Aprendimos cousas como a descomposición da luz en sete cores (e nós que pensabamos que era branca...), vimos como viaxaban as ondas do son, e ata nos convertimos nun cable humano!! Incrible, collendonos das mans conseguimos facer que un altofalante funcionara e emitise son!! Por arte de maxia adiviñamos o resultado dunha resta dificilísma e ademáis demos unha volta nunha montaña rusa 3D, superemocionante!

Que nos deparará a vindeira sesión?? Seguro que vai ser alucinante!!

 

Etiquetas:
Por belencasar
06/03/19

O día antes do desfile é sempre un dos máis esperados por toda a comunidade educativa. É tradición que a ANPA nos convide a un chocolate ben quentiño con rosca e biscoito na hora do recreo que nos sabe a gloria pois sempre está boísimo e co frío que fai case sempre, imaxinade o ben que senta!! Despois ensaiamos todos xuntos a coreografía que se vai bailar ao día seguinte no desfile e por último, no patio de terra, lemos o testamento do meco e prendémoslle lume. Mentres se queima o meco, vámonos preparando para GRAN BATALLA DE FARIÑA! Cada un de nós leva un saquiño de fariña e tirámonola uns aos outros evitando a cara, deixamos o patio que parece que houbera unha hecatombe!!!

Xa estamos desexando que chegue o ano que ven!!

 

 

 
Etiquetas:
Por belencasar
05/03/19

Esta vez, o alumnado de 5º nivel quixo homenaxear a ANISIA MIRANDA, a súa madriña de aula, investigando sobre a súa vida. Así, descubriron que era a muller de Xosé Neira Vilas, que non era galega, pero que cando aprendeu a falar á nosa lingua xa non falaba outra e que traducía textos ao galego de escritores americanos, entre outras cousas... Escoitade!

Etiquetas: