Segundo a páxina do Poder Xudicial de España, en 2023 Galiza rexistrou máis de 20 denuncias por violencia de xénero ao día.
No mesmo período, o número de axuizados nos xulgados de menores galegos por delitos relacionados coa violencia de xénero foi case o dobre ca en 2022.
En todo o mundo, segundo os datos aportados por Nacións Unidas, unha muller ou nena é asasinada cada 10 minutos.
Dende a ANPA queremos facer unha última aportación de recursos para todas as idades, porque cremos que a loita contra a violencia de xénero é cousa de todxs e non pode concibirse sen educación para ambos sexos, e máis nestes tempos de “barra libre dixital”, que constitúe un perigo engadido.
Ademais, durante toda esta semana (25 ao 29 de novembro) teremos instalado na entrada da escola un tendal para que maiores e pequenxs participedes colgando as vosas opinións, ideas, reivindicacións… sobre a violencia de xénero (en todas as súas manifestacións), igualdade ou estereotipos. Podedes colgalas vós mesmxs ou ben depositalas na caixa do correo da ANPA á entrada do centro se o preferides así.
LECTURAS RECOMENDADAS (INFANTIL):
“Rula busca su lugar”, Mar PAVÓN, ilustrado por María Girón, ed. Tramuntana (infantil, 5-6 anos). Un conto para cuestionar os roles de xénero que aínda se impoñen.
“¡Estela, grita muy fuerte!”, Isabel OLID, ilustrado por Martina Vanda, ed. Fineo (infantil, 5-7 anos). Unha dura historia que axuda a identificar e verbalizar o abuso sexual dende a infancia.
“La niña silencio”, Cécile ROUMIGUIÈRE, ilustrado por Benjamin Lacombe, ed. Edelvives (infantil, 10-12 anos). Un sensible relato que dá voz ao silencio do maltrato infantil.
LECTURAS RECOMENDADAS (XUVENIL E ADULTO):
“Querida Ijeawele. Cómo educar en el feminismo” e “Todos deberíamos ser feministas”, ambos de Chimamanda NGOZI ADICHIE, ed. Penguin Random House (xuvenil +14 e adulto). Lecturas moi curtiñas, sinxelas e directas nas que se presenta o feminismo como é: un principio universal, plural, inclusivo e necesario.
“A cabeza de Medusa”, Marilar ALEIXANDRE, Edicións Xerais (xuvenil +16 anos e adulto). Unha historia sobre a valentía e a procura de dignidade e xustiza despois dunha violación.
“8 señales: cuestión de vida o muerte”, Noelia MÍGUEZ e Patricia CALVEIRO, ed. Meraki (xuvenil +16 e adulto). Un relato real, o de Noelia, sobre maltrato e supervivencia, tan duro e próximo como necesario de ler.
“Mujer. Vida. Libertad”, coordinado por Marjane SATRAPI, ed. Reservoir Books (xuvenil +16 e adulto). Un ensaio gráfico sobre o movemento feminista co mesmo nome, que estoura a raíz do asasinato de Mahsa Amini e culmina nunha revolución plural en Irán e no mundo.
XOGOS (PRIMARIA):
“Las Brujas de Farrabús” (6-12 anos): para derrubar estereotipos, comezando polos contos de fadas.
“El misterio de las mujeres invisibles” (+7 anos): para descubrir ás mulleres que a historia soterrou.
Comentarios recentes
hace 2 semanas 16 horas
hace 2 semanas 17 horas
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días
hace 23 semanas 4 días