Skip to Content

Escolares

Tarefas 3º e 4º semana 14 abril

Bo día a todos e todas:

Envío unhas tarefas para esta semana continuando co repaso de contidos. Lembrade que a maioría das actividades pódense copiar na libreta sen necesidade de imprimilas, e que calquera dúbida podedes contactar comigo a través do correo.

Espero que todo siga ben e mándovos unha forte aperta.

CANCIÓN "UNHA VELLA TIÑA UN CAN"

Desde a aula de música, propóñovos que escoitedes esta canción para que os máis pequechos disfruten dela.

ACTIDADES ALTERNATIVAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Boa tarde familias: 

As profes Chus e Alejandra quéremosvos dicir, primeiro de todo, que vos botamos en falta. Fáltannos os sorrisos de cada día, a ledicia nas miradas, as gañas de aprender e compartir, as vosas inquedanzas, temores, falcatruadas... os vosos momentos, que tamén son nosos. 

É difícil pasar por esta situación que vos costará entender e vivir, pero sabemos, que coa axuda de mamá e papá, seredes capaces de ser, unha vez máis, os héroes e heroínas de Xermade. 

Correccións ó traballo de Relixión Católica

Bo día, nos adxuntos tedes as correccións os traballos de Relixión Católica.

Un saúdo e moito ánimo, Marcos.

P.D. para a Semana Santa non enviarei tarefas.

Audición e linguaxe. Bingo do son /CH/

Bo día familia!

Envíovos un xogo sobre o fonema (son) /CH/ para que poidades disfrutar entre todos.

Mando as plantillas en blanco, para que poidan coloreado eles e elas ó seu gusto.

No caso de que non exista a posibilidade de imprimilo, animosos a crear un usando estas plantillas ou con aquellas palabras que coñezan!

Espero que vos guste!

Unha aperta moi forte!

Ari

Traballo de Relixión Católica

Bo día familias!!!

De parte do departamento de Relixión Católica desexo que tod@s vos encontredes ben de saúde.

Déixovos a proposta de traballo  para esta semana nos anexos en formato pdf.

Moito ánimo e saúdos do profe Marcos.

PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL (AL) INFANTIL

Bo día familias!

Dende a especialidade de audición e linguaxe, propóñovos varios enlaces para desenvolver a discriminación auditiva, dende distintos ámbitos (animais, a casa, o corpo humano...).

Primeiro, podedes velo, e se queredes facelo máis dificil, despois, podedes xogar sen ver os debuxos e ver se realmente os recoñecedes todos, ou non. 

Despois, incluso, podedes ser vos os que fagan o ruido, e adiviñar se era ese animal ou obxecto da casa o que estabades a facer!

Un saúdo moi forte.

Ari

 

Distribuir contido


by Dr. Radut