Skip to Content

Escolares

Actividades Relixión Católica semana 18 de maio

Boas familias, estas son as recomendacións para esta semana!!!

Os que o desexedes podedes enviarme os vosos traballos ó correo (mgilmata@edu.xunta.es), estarei encantado de recibilos.

Unha aperta do profe Marcos.

Tarefas 3º e 4º semana 18 de maio

Bo día a todas e todas:

Propónovos as tarefas para esta nova semana e deixo unha ligazón a un vídeo explicativo de como facer un comecocos, para os/as que se animen e fagan un personalizado. Gustaríame ver algún a ver como vos quedou.

Unha aperta para todos/as.

ACTIVIDADES INGLÉS 7 (do 19 ao 26 de maio)

 

ACTIVIDADES INGLÉS 7 ( DO 19 AO 26 DE MAIO)

 

Bo día! Antes de nada, cada día os traballos e vídeos que me enviades gústanme máis. É un motivo para estardes satisfeitas/os e eu tamén o estou. Moito.

Vaia alumnado tan bo que temos!

Tarefas 3º e 4º semana 11 de maio

Bo día a todos e todas:

Para esta semana propóñovos traballar a figura de Ricardo Carvalho Calero, dentro da área de lingua, xa que este ano adícaselle a él o día das letras galegas. Como é un documento de moitas páxinas non é preciso, en ningún caso, facelas todas, mándoo así para que cadaquén escolla facer aquela ou aquelas que máis lle gusten, o importante é ler un pouquiño da figura do autor.

Como esta semana tamén é o día da familia, envíovos unha idea dentro da área de plástica.

Unha aperta para todos/as.

Relixión semana 11 de maio

Bo día, a tod@s. Comezamos unha nova semana, espero que con máis ánimo.

Aquí tedes as recomendacións para esta semana. Envío dous adxuntos por curso (nun deles tedes as correccións).

Apertas do profe Marcos.

ACTIVIDADES PARA 5º E 6º SEMANA DO 11/05 Ó 18/05

Bo día,

Espero que todos/as sigades ben e moi animados para vencer esta situación. Coma sempre mándovos actividades para unha semana, xa sabedes que estou á vosa disposición e se algún de vós ten dificultades para facer ou enviarme os traballos buscaremos opcións alternativas.

Moitos bicos para todos!

ACTIVIDADES iNGLÉS 6 (DO 11 DE MAIO AO 19 DE MAIO)

 

ACTIVIDADES INGLÉS 6 (DO 11 DE MAIO AO 19 DE MAIO)

 

Bo día! Antes de nada, quero agradecervos moito todas as actividades e vídeos que me estades a enviar ao correo. Estou moi, moi contenta.

Dá gusto ver uns traballos tan ben feitos!

TAREFAS 1º E 2º SEMANA DO 11 AO 18 DE MAIO

Ola!

Agardamos que os nenos e nenas da nosa aula se atopen ben e sigan tan alegres coma sempre.

Esta semana mandamos unhas tarefas que deberedes enviarnos unha vez feitas a través do correo electrónico ou do teléfono, en caso de que non podades facelo por correo.

O alumnado de 1º deberá entregarlle a Lourdes ( penarodriguez@edu.xunta.es ) ao audio e as fichas de Castelán.

O audio e as fichas de galego e as de matemáticas deben ir dirixidas a Ana ( anaguizan@edu.xunta.es, ou, en caso de ter problemas ao meu washap, que todos tedes).

TAREFAS DE MÚSICA PARA AVALIAR

Ola a tod@s!

Envío uns traballiños para cada aula de Primaria. Preciso que mas enviedes  ao meu correo anaguizan@edu.xunta.es  unha vez feitas. Se alguén ten problemas para envialas que mo comunique nese correo, e buscamos a  maneira de facermas chegar a través doutro medio.

O prazo para entregalas remata a finais deste mes de maio. 

Un saúdo e moito ánimo!.

Distribuir contido


by Dr. Radut