Skip to Content

Pleased to meet you

ABRIL: COÑECEMOS ITALIA

Dentro do noso Proxecto Europeo Comenius: "Pleased to meet you" quixemos coñecer Italia e máis concretamente os nosos compañeiros do IV Circolo Didattico "F.P. Neglia" de Enna en Sicilia. Os nenos/as de 1º curso de Educación Primaria estiveron investigando e prepararon un traballo coa súa profesora Mónica para presentárnolo a todos/as o pasado xoves 2 de maio. No seguinte "Smilebox", podedes ver un resumo do acto que tivo lugar na aula de usos múltiples do noso colexio. Noraboa polo voso traballo fantástico! 

Click to play this Smilebox slideshow
 

IRELAND IN THE SPOTLIGHT

Presentación elaborada por los alumnos/as de 5º de Primaria. Fué elaborada de forma colaborativa con "Google Drive" a partir de las presentaciones en Powerpoint realizadas en inglés por los los alumnos/as de St. Joseph's Primary School en Dungarvan (Irlanda).

Aquí  

 

MARZO: COÑECEMOS IRLANDA

Dentro do noso Proxecto Europeo Comenius "Pleased to meet you" queremos coñecer Irlanda e donde viven os nosos compañeiros deSt. Joseph's Primary School (Dungarvan). Os nenos e nenas de 5º de Primaria estiveron investigando e prepararon un traballo colaborativo con "Google Drive" que presentaron aos seus compañeiros/as e profesorado. No seguinte "Smilebox" invitámosvos a ver un resumo do acto que tivo lugar o pasado venres 22 de marzo de 2013.

Click to play this Smilebox greeting

COMENIUS OPENING DAY

O pasado 9 de novembro de 2012, tivo lugar no patio do noso centro a presentación do novo Proxecto Europeo Comenius para dalo a coñecer a toda a Comunidade Educativa do CEIP PLURILINGÜE VISTA ALEGRE de Burela. 

"Pleased to meet you!"  é o título do noso novo Proxecto Europeo para levalo a cabo ao longo de dous cursos escolares (2012-2014). Traballaremos conxuntamente nel con dez escolas de oito países: Bélxica, Finlandia, Malta, Irlanda, Italia, Hungría, Rumanía e Turquía.

 

                                                          PLEASED TO MEET YOU!   ENCANTADOS DE COÑECERVOS!

 

                                    VIDEO DO ACTO DE PRESENTACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut