Skip to Content

Pleased to meet you

NOVEMBRO: PRESENTACIÓN DE HUNGRÍA

Os nenos e nenas de 1º curso de Primaria aprenderon moitísimas cousas de Hungría, un país algo descoñecido para nós. Gracias o proxecto: "Pleased to meet you" sabemos un pouco máis deste país socio no noso proxecto europeo. Temos que felicitar aos alumnos/as de 1º curso e as súas profesoras pola súa excelente presentación a todo o colexio o pasado venres 15 de novembro. Agora xa sabemos un pouco máis de Hungría.....

Click to play this Smilebox photo album
 

Album da presentación    

OUR COMENIUS SONG

Esta canción orixinal vaise convertir no himno do noso proxecto : PLEASED TO MEET YOU....

 

Preme aquí para escoitar a canción.... 

 

Preme aquí para practicar coa música.

CONFERENCIA PARA EQUIPOS DIRECTIVOS EN Vilnius (Lituania)

A directora do noso centro, invitada pola Comisión Europea participou nunha conferencia sobre Programas Europeos en Vilnius (Lituania) os días 11 e 12 de outubro de 2013. O título desta Conferencia europea era “Developing your school with EU programme support. A conference for school leaders”

Máis información en :http://comenius-school-leaders.teamwork.fr/en/general

Conferencia en Vilnius Grupo de traballoCoordinadoras

Tres momentos na Conferencia: Sesión plenaria, Grupos de traballo...e Gema xunto con 2 directoras e coordinadoras do Proxecto Europeo: PLEASED TO MEET YOU! (Greet:coordinadora Belga e Angela:coordinadora Rumana).

MAIO-XUÑO: COÑECEMOS BÉLXICA

Gracias ao noso Proxecto Europeo: PLEASED TO MEET YOU!, imos coñecendo os países dos nosos compañeiros europeos. Esta vez tocoulle a BÉLXICA e máis concretamente ao colexio: GBS DE BOSMIER de Balen (na rexión de Flandes). O alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo ademáis este ano a gran sorte de viaxar alí do 20 ao 27 de maio, así que tamén nos contaron como lles foi....

Os nenos/as de 4 anos de Educación Infantil estiveron investigando e prepararon un traballo fantástico coa súa profesora Dolores para presentárnolo a todos/as o pasado venres 14 de xuño. No seguinte "Smilebox", podedes ver un resumo do acto no que todos aprendemos moitísimo sobre ese país, corazón da Unión Europea. Noraboa polo voso traballo!

 

Click to play this Smilebox slideshow
                    PRESENTACIÓN DE BÉLXICA: 14 de xuño de 2013
Distribuir contido


by Dr. Radut