Skip to Content

FIN DE CURSO 2021-2022.

ACTIVIDADES FIN DE CURSO 2021-2022:

Dende o departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias queremos anunciar que grazas á colaboración do Concello de Sobrado este final de curso virá cargado de novidades e sorpresas.

Cada semana até que o curso remate recibirimos no cole un espectáculo diferente; comedia, maxia, obradoiros de arqueoloxía, ciencia (astronomía), concursos literarios, contacontos, teatro, etc.

Todo como agradecemento ás nenas e nenos de Sobrado polo comportamento tan exemplar que tiveron nestes dous últimos anos cumprindo sempre cos protocolos covid a pesar das dificultades dos mesmos.

MENÚ MAIO 2022

CIENCIA DIVERTIDA NO COLEXIO

O pasado luns 4 de abril volveu David ó noso centro a facer algúns trucos divertidos baseados na ciencia. Podedes ver as imaxes dese día aquí abaixo. Felices vacacións!

O álbum elixido (aid = 18) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

MENÚ ABRIL 2022

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23

MATRÍCULA ESCOLAR

 

PROCEDEMENTO DE ADMISION DE ALUMNADO para o CURSO 2022/2023

SOLICITUDE ORDINARIA DE ADMISIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DO 1 ao 21 de marzo de 2022.

 

 

1º.- NOVO ALUMNADO:

O ENTROIDO

Esta semana o alumnado do centro fixo uns disfraces de animais para o Entroido, que quedaron estupendos. Grazas por toda a vosa implicación nesta actividade. Boa ponte!

O álbum elixido (aid = 16) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

MENÚ MARZO 2022

MENÚ FEBREIRO 2022

RECOLLIDA SOLIDARIA POLO DÍA DA PAZ

Estimadas familias,

Con motivo do Día da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, imos organizar unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros (pasta, legumes, arroz...) que se doarán ós máis necesitados. Poden depositalos na entrada do centro ata o 4 de febreiro.

Esta recollida é voluntaria e cada familia pode aportar o que considere conveniente.

Grazas pola vosa colaboración.

Mundo, Paz, Continentes, Tierra, Esperanza, Ama La Paz

CAMPANADAS 2021

Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Portal queremos felicitar o Nadal e desexarvos un Feliz Aninovo a toda a comunidade educativa. Deixámosvos algunhas fotos que tomamos nas "Campanadas"  que fixemos o martes despois do recreo. Bo Nadal!!

O álbum elixido (aid = 14) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido


by Dr. Radut