RECOLLIDA SOLIDARIA POLO DÍA DA PAZ
Estimadas familias,
Con motivo do Día da Paz, que se celebra o 30 de xaneiro, imos organizar unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros (pasta, legumes, arroz...) que se doarán ós máis necesitados. Poden depositalos na entrada do centro ata o 4 de febreiro.
Esta recollida é voluntaria e cada familia pode aportar o que considere conveniente.
Grazas pola vosa colaboración.