Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2023-2024

FIN DE CURSO 2022-23

Chegamos ó final deste curso e polo tanto chegou o momento de despedirnos para empezar as vacacións de verán. Xa sabemos que as despedidas nunca son un prato de bo gusto (para iso xa tivemos as hamburguesas hoxe), pero temos que quedarnos co bo. Aquí as despedidas nunca son tal porque nos volvemos a ver en menos de nada.

Só nos queda desexarlles moita sorte ó alumnado de 6º curso que van a empezar novas aventuras o curso que ven en Boimorto. Gozade das vacacións!

O álbum elixido (aid = 57) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XUÑO 2023

XOGOS COOPERATIVOS CON ALUMNADO DO CEIP MARTAGONA

Hoxe tivemos unha visita especial. O alumnado do CEIP Martagona en Melide viñeron ó noso centro a facer con nós uns xogos cooperativos. Foi unha oportunidade de estreitar vínculos e facer novas amizades. Esperamos que o pasarades en grande!

O álbum elixido (aid = 56) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

OS CONTOS DE PABLÍSIMO

Tivemos a visita dun contacontos que nos contou algunhas historias moi entretidas. Aquí tedes unha mostra de imaxes se queredes recordalas.

O álbum elixido (aid = 54) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023-2024.

Convocadas as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso escolar 2023-2024.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

 

DÍA DO LIBRO 2023

Co gallo do Día do Libro, o alumnado do centro realizou algunhas actividades para conmemoralo. En primeiro lugar, reinterpretaron as portadas dos libros, pintándoas e coloreándoas como desexaban. O resultado é o libro que podedes ver debaixo destas liñas e que se atopa na biblioteca. En segundo lugar, grabaron uns videos amosando os seus libros favoritos. Se queredes velos, podedes atopalos no bloque "CICLOS E AULAS" na marxe dereita da páxina, facendo clic no curso correspondente. Están feitos uns artistas!

MENÚ MAIO 2023

MENÚ ABRIL 2023

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Esta semana Paco Nogueiras visitou o noso colexio para contarnos algún conto de Kalandraka. Tamén cantou algunhas cancións relacionadas cos contos. Se queredes volver a escoitalas podedes ver o seguinte video.

 

 
O álbum elixido (aid = 51) non ten ninguha imaxe, ou non é público!
Distribuir contido


by Dr. Radut