O alumnado de 6º de Ed. Primaria pode reservar praza no centro ao que estamos adscritos, o IES REGO DE TRABE.
O prazo de presentación de solicitudes de reserva comprende entre os días 16 de xaneiro e o 6 de febreiro, ambos incluídos, e farase segundo o modelo ED550A-Galego e ED550A-Castelán.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)
Tamén estarán accesibles:
-Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- No portal educativo (http://www.edu.xunta.gal)
Opcionalmente, poderanse presentar solicitudes presencialmente no noso centro (en horario de de 9:00 a 9:50 e de 10:40 a 11:25 horas) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
-Solicitude segundo o Anexo I da Orde (ED550A)
-Documento acreditativo da representación: Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e as persoas proxenitoras, ou resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento (de ser o caso). Comprobación de datos. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos: DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, DNI/NIE da persoa representante.
IMPORTANTE:
No caso de non querer matricular ao seu fillo/a no IES Rego de Trabe, non deberá cumprimentar este Anexo de reserva, e presentará a solicitude de admisión no centro que desexe, do 1 ao 20 de marzo.