Skip to Content

INFORMACIÓN CENTRO

CEIP VICENTERISCO-VIGO

Rúa Santander, 10 –36207

Telf: 886 120 185 Fax: 886 120189

email: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

 

 

 Estimadas familias:

 

Poñémonos en contacto convosco, para informarvos das medidas que se desenvolverán nos seguintes días, a raíz da suspensión das aulas e peche do centro por mor do coronavirus. Ditas medidas son a concreción das instrucións provisionais colgadas o dío 13/03/2020 ás 13.50 h. no Portal da Dirección da web corporativa Educativa da Xunta de Galicia.

 

As medidas serán as seguintes:

 

·         O centro permanecerá pechado durante dende o día 16/03/2020 ata o 11/04/2020, nese período o alumnado non asistirá ás aulas. Durante ese período non haberá actividades extraescolares, programas educativos (REFORZA-T), servizos complementarios como comedor.

 

As actividades a desenvolver polo alumnado terán como finalidade favorecer a continuidade ao proceso de aprendizaxe, serán colgadas a través desta web, no enlace do programa PADLET para Infantil, 1º,2º,3º,4º de Primaria. Para 5º e 6º utilizará E-dixgal.

·         *nota importante: as actividades non serán avaliables e son de carácter orientativo e non obrigatorio para as familias.

·         Para a titorización dxs vosxs fillxs/as, e para respostar a calquera dúbida das actividades, poderedes contactar empregando:

o   Un correo electrónico a través do enderezo electrónico: ceip.vicente.risco@edu.xunta

·         poñendo no asunto o nome do/a mestre/a a quen vai dirixida a consulta

Ex. : Consulta de titoría á/o mestre/a ……….

·         Nós redixiremos dita consulta ao profesorado que respostará na maior brevidade posible.


o    Pregámosvos, na medida do posible, non empreguedes o teléfono do centro para facer consultas de titoría.

 

·         Calquera modificación ao respecto destas medidas será notificado a través desta web, pregámosvos permanezades atentxs.

 

·         En relación ao Proceso de ADMISIÓN:

 

o    Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio dasclases.

o    Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

·         Calquera consulta ou dúbida de carácter xeral poderedes facela:

o  no teléfono do centro: 886 120185

o     no enderezo electrónico: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

 

Agradecemos    a     vosa    comprensión,         lamentamos    os     contratempos ocasionados e pregámosvos colaboración para superar esta situación.

 

Recibide un saúdo do Equipo docente desde centro.

 

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode

cambiar o mundo”

 

Eduardo Galeano

Suspensión das clases

______________________________________________________________________________________

INFORMACIÓN  IMPORTANTE

CORONAVIRUS

A partires do luns 16 de marzo suspéndense as clases durante 14 días.

Mañá venres 13 será voluntario enviar ao alumnado ao cole.

Manteremos informada á comunidade educativa nesta web

EDUXUNTA COVID19

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

 

No noso centro

CONTRATOS PROGRMA SECCIÓNS BILINGÜES REPARTO DE FROITA PROXECTO ABALAR
contrator programa Seccións bilingües Reparto de froita Proxecto Abalar
PROXECTO E-DIXGAL   AUXILIAR  CONVERSA  

O noso centro participa no proxecto E-DIXGAL en 5º e 6º de primaria no que traballamos nunha plataforma con contidos e libros dixitais exclusivamente.

 

Seccións Bilingües

SECCIÓNS BILINGÜES

 

ANUNCIO

COLEXIO PÚBLICO
"VICENTE RISCO"

ENSINO DE CALIDADE

 

  • A 100 metros do mercado de Teis, na rúa Santander nº 10.

  • Horario de 9:00 a 14:00. Acollemento/almorzo desde as 7:30 da mañá no caso de que haxa familias interesadas.

  • Comedor de 14:00 a 16:00.

  • Actividades extraescolares de 16:00 a 18:00.

  • Educación Infantil: 3 a 5 anos. Educación primaria: 6 a 12 anos.

  • Informática e inglés desde os 3 anos.

  • Seccións bilingües en 5º e 6º de primaria.
  • Auxiliar de conversa nativo/a
  • Con acceso directo ao instituto “Os Rosais II”.

  • Especialistas en: Audición e Linguaxe e en Pedagoxia Terapeútica.

  • Aulas de música e informática.

  • Aulas ABALAR- EDIXGAL, en 5º e 6º de primaria. Un portátil para cada alumno/a con libros dixitais.
  • Utilización de medios audiovisuais “pizarra dixital”.

  • Biblioteca e ximnasio.

  • Programa de reparto de froita e leite na escola. FOGGA.

CEIP VICENTE RISCO

 

foto colexio

 

      Rúa Santander, 10 -  30207 - Vigo

       Telf: 886 120 185

      Anpa: 886 120 188

      email: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

   

 

 

         

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Alumnado de 6º Educación Primaria

 

o   Reserva

 

  • Só ten que presentar a documentación, neste centro, o alumnado que queira seguir os seus estudos no centro adscrito (IES Os Rosais II)

o   Presentación de solicitudes

 

  • Na secretaría do centro CEIP Vicente Risco
  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia

o   Forma de facelo

 

o   Prazo: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro(ambos incluídos)

 

o   Información oficial no portal da Consellería

 

Para os nenos que o próximo ano estuden a ESO noutro centro diferente ao IES ROSAIS II, as solicitudes se presentarán cando se abra o prazo de admisión (mes de marzo).

PROXECTO VIOLANET

PROXECTO VIOLANET

Agradecemos enormemente a Sara Ruíz que contase co noso centro para poder ensinarnos e achegarnos unha vez máis a experiencia de poder ter perto un instrumento tan marabilloso como a viola de gamba. Como todos e todas sabedes algúns terán a oportunidade de poder participar no proxecto de Violanet no Conservatorio de Vigo.

 

Grazas profe Sandra(Música) e grazas Sara por facernos vivir momentos incribles!!!!

 

RESUMO PROTOCOLO COVID CEIP VICENTE RISCO

Adxuntamos o PROTOCOLO COVID DO CEIP VICENTE RISCO, PLAN DE CONTINXENCIA E PLAN DE ACOLLIDA

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut