Skip to Content

INFORMACIÓN CENTRO

CEIP VICENTERISCO-VIGO

Rúa Santander, 10 –36207

Telf: 886 120 185 Fax: 886 120189

email: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

 

 

 Estimadas familias:

 

Poñémonos en contacto convosco, para informarvos das medidas que se desenvolverán nos seguintes días, a raíz da suspensión das aulas e peche do centro por mor do coronavirus. Ditas medidas son a concreción das instrucións provisionais colgadas o dío 13/03/2020 ás 13.50 h. no Portal da Dirección da web corporativa Educativa da Xunta de Galicia.

 

As medidas serán as seguintes:

 

·         O centro permanecerá pechado durante dende o día 16/03/2020 ata o 11/04/2020, nese período o alumnado non asistirá ás aulas. Durante ese período non haberá actividades extraescolares, programas educativos (REFORZA-T), servizos complementarios como comedor.

 

As actividades a desenvolver polo alumnado terán como finalidade favorecer a continuidade ao proceso de aprendizaxe, serán colgadas a través desta web, no enlace do programa PADLET para Infantil, 1º,2º,3º,4º de Primaria. Para 5º e 6º utilizará E-dixgal.

·         *nota importante: as actividades non serán avaliables e son de carácter orientativo e non obrigatorio para as familias.

·         Para a titorización dxs vosxs fillxs/as, e para respostar a calquera dúbida das actividades, poderedes contactar empregando:

o   Un correo electrónico a través do enderezo electrónico: ceip.vicente.risco@edu.xunta

·         poñendo no asunto o nome do/a mestre/a a quen vai dirixida a consulta

Ex. : Consulta de titoría á/o mestre/a ……….

·         Nós redixiremos dita consulta ao profesorado que respostará na maior brevidade posible.


o    Pregámosvos, na medida do posible, non empreguedes o teléfono do centro para facer consultas de titoría.

 

·         Calquera modificación ao respecto destas medidas será notificado a través desta web, pregámosvos permanezades atentxs.

 

·         En relación ao Proceso de ADMISIÓN:

 

o    Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio dasclases.

o    Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

·         Calquera consulta ou dúbida de carácter xeral poderedes facela:

o  no teléfono do centro: 886 120185

o     no enderezo electrónico: ceip.vicente.risco@edu.xunta.es

 

Agradecemos    a     vosa    comprensión,         lamentamos    os     contratempos ocasionados e pregámosvos colaboración para superar esta situación.

 

Recibide un saúdo do Equipo docente desde centro.

 

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas pode

cambiar o mundo”

 

Eduardo Galeano



logo

blog | by Dr. Radut