Skip to Content

ADICADO A O 8 DE MARZO E A TODOS OS DÍAS DO ANO!!

É un vídeo realizado pola clase de quinto de Educación Primaria do CEIP VICENTE RISCO de Vigo; nel, poderedes observar o traballo que esta clase realizou para celebrar o día do OITO de MARZO. É un traballo propio e exclusivo do conxunto do alumnado. Disfrutade del tanto como a nós nos gustou facelo.

 

 

 

 

ROSALÍA E DÍA 8 DE MARZO

DENDE O EDLG E O PROFESORADO FÍXOSE UN NEXO DE UNIÓN  DE ROSALÍA E O 8 DE MARZO( DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA), NESTA SEMANA TAN IMPORTANTE QUE NOS TOCA REIVINDICAR, AQUÍ TEDES INFORMACIÓN E VÍDEOS COS QUE TRABALLAMOS ESTA SEMANA.

PROCUREMOS ENTRE TODOS E TODAS A IGUALDADE DO HOME E DA MULLER EN TODOS OS ÁMBITOS!!!

 

 

 

 

 

 

 

Parabéns Carolina!!!!!!

 HOXE, XOVES, 20 de FEBREIRO, ás 11:00 horas tivo lugar o acto de entrega das distincións da XIII edición do Certamen de Pintura de VIGOLANDIA 2019. A nosa alumna Carolina Álvarez Rivera foi galardonada.Recolleu o premio no Concello de Vigo, da man do Alcalde, acompañada polo mestre Jesús e polos seus familiares.

Parabénssssss Carooooooo! Parabéns de parte do profesorado e alumnado do cole

 

 

ENTROIDO E CUBISMO

Esta é unha mostra de como as nosas alumnas de seccións bilingües transforman tres caixas de embalaxe en obras de ARTE  escolares.

A arte abstracta e o cubismo foron a nosa inspiración. 
O obxectivo principal foi: transgredir a norma do redondo e do ovalado e  ampliar horizontes coa nosa mente, en definitiva, ser CREATIVAS.
Titulo : Máscaras de carnaval. 
CARNIVAL MASKS.
 How our students turn three pieces of cardboard into ART WORK.
ABSTRACT ART AND CUBISM  was our source of inspiration.
The main objective was  breaking the standard rules  and broaden our mind horizons , eventually being CREATIVES."
 
One thousand thank yous!!!! (mil gracias)-
 
Dulce
 
 

A RECONQUISTIÑA SE ACERCA...

Hoxe tivemos a ocasión de que nos viñeran a ensinar a tocar os nosos tambores, para preparar os ritmos que todos os coles farán na Reconquistiña. Pasámolo moi ben e estamos desexando que chegue o 25 de marzo para poder ir no desfile!!!

Recolleita e plantación

Seguimos recolectando e prantando, o coidado das prantiñas está dando os seus froitos.

 

 

.uu

VISITA ESPECIALÍSIMA

NO MES DE XANEIRO TIVEMOS A OCASIÓN DE COÑECER A VIOLA DE GAMBA CON MESTRAS DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. DENTRO DO PROXECTO "TEACHING TO TEACH" UNHA ALUMNA DO CONSERVATORIO E A SÚA MESTRA SARA RUÍZ NOS ENSINARON A TOCAR A VIOLA.

DELEITÁTONNOS TAMÉN CUN CONCERTO, SOAMENTE PODEMOS DENDE O CEIP VICENTE RISCO AGRADECER A SÚA PRESENZA, SENSIBILIDADE E CARIÑO CO ALUMNADO DESTE COLEXIO!!!

 

 

 

DÍA DA PAZ

Visita do equipo de medioambiente de PSA

Tivemos a sorte a semana pasada de ter unha charla moi interesante do medioambiente!!!

Rogelio Méndez de como se recilan os materiais que forman parte do automóbil: aceiro, plásticos, residuos electrónicos...Grazas por vir aos integrantes de PSA, Darlim, Metalimpex,Samaín.

Unha sorte tervos con todas e todos nós!!!

 

Alice´s Adventure

" As nosas alumnas e alumnos  de 5º e 6º  disfrutaron dunha obra de teatro en inglés no teatro Afundación.
Rimos cos personaxes Tweedledum e Tweedlede, que se adaptan ós nosos tempos, pois pretenden grabar un video onde tamén aparece Mario, ( xa xavedes de que Mario falo).
Polo escenario desfilan  "the white rabbit", "dormouse" " the hatter" e por suposto, Alice.
Todos eles excentricos e, porque non dicilo, maniáticos pero encantadores, como moita xente coa que convivimos".
  

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut