Skip to Content

Curso 24-25

Comezamos! Club de lectura "Faragullas de papel"

Hoxe, 11 de novembro, tivemos a nosa primeira sesión do club de lectura "Faragullas de papel" deste curso. 

Presentámonos, falamos de que nos levou a participar no club de lectura e conversamos sobre lecturas, tipo de libros que nos gusta ler, e ata tivemos unha visita moi especial, unhas ex compañeiras fundadoras e participantes do noso club de lectura que este ano están xa no IES,...

Falamos do teatro, xénero protagonista este ano do cartel das Bibliotecas Escolares de Galicia. Observamos, analizamos e interpretamos as imaxes do cartel, compartimos o que sabemos sobre o teatro, descubrimos algunha cousiña nova  e presentamos o 1º libro deste curso: Wombo Combo, unha obra teatral de Paula Carballeira ilustrada por Paula Chesire. 

Descubrimos tamén algunhas outras historias da mesma autora así como outros libros de teatro cos que contamos  na nosa biblioteca .

Finalmente elaboramos un logo do club e fixemos chapas con el. 

ESCENA I de Teacher Marta

Animación club de lectura Faragullas de papel.

O pasado mes de outubro xuntámonos para presentar o noso club de lectura “Faragullas de Papel” ás nenas e nenos de 5º e 6º de primaria.

Na presentación para o alumnado de 6º compartimos a historia de Amani, de Miguel Anxo Prado, para animar aos nosos rapaces a unirse ao club de lectura e ser diferentes, ao igual que Amani.

A presentación ao alumnado de 5º correo a cargo de varias nenas de 6º, que lles contaron sobre o que acontece cando lemos coa historias “Cando leo”, de Eva Mejuto. Compartiron tamén algunhas das cousas que pasan cando lemos no club de lectura Faragullas.

Lemos, falamos do noso club e da experiencia nos pasados cursos, fixemos pegada de carteis e repartimos follas para anotarse.

 

Agardamos que, ao igual que Miguel Anxo Prado confía na aparición da especie “Hippopotamus pacificus”, esteamos ante a aparición dunha nova especie na nosa vila os“nenus lectorus”.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut