O pasado 25 de xaneiro tivemos a segunda reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel" sobre o libro proposto: "Educar en el Asombro" de Catherine L´Ecuyer. Pasamos uns momentos moi agradables comentando os argumentos desta obra e falando sobre as nosas propias experiencias. Ademais tivemos varias sorpresas como os fermosos marcapáxinas feitos á man que nos trouxo unha das compañeiras e ata a opinión gravada doutra delas que non puido vir. Ao final, repartimos as novas obras "Piezas Sueltas, el juego infinito de crear" de Priscila Vela e Mercedes Herrand (non nos cansaremos de darlle as grazas ao CRA de Culleredo por prestarnos os seus libros). Vémonos en febreiro!