Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.
A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou nos teléfonos 881880446/881880447.
O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 15 de xullo ata o xoves 21 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.
A listaxe definitiva publicarase nos primeiros días de setembro. Asemade, as persoas que aparecen admitidas xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. A data límite para a entrega da autodeclaración é o 7 de setembro.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
AUTODECLARACIÓN COMEDOR.pdf | 467.56 KB |