Skip to Content

Premio do VI Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos

A alumna Icía Mosquera de 5ºB do CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, resultou gañadora (ex aequo) na categoría de Primaria, polo seu traballo "Secuestro por internet", no VI Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos 2022, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Asemade, o CEIP Vicente Otero Valcárcel recibe o recoñecemento especial do certame ao ser o centro que máis traballos presentou, cun total de 13 propostas.

Poden consultar a información na seguinte ligazón:

https://cpeig.gal/fallo-vi-concurso-literario-pd

 



page | by Dr. Radut