Como ben sabedes, estamos a traballar baixo a iniciativa de 21 días en galego e máis... desde Carral. Hoxe tivemos unha visita moi especial, organizada polo Concello, de Xosé Zapata ao noso alumnado para ensinarlles o Goya recibido pola súa curtametraxe de animación "The Monkey".
Ademais, Xosé é de Carral, e o alumnado de 1ºB fixera, como traballo da Semana da Prensa, unha noticia para o Diario de Carral sobre el. Xosé levouse unha copia asinada por tódolos nenos e nenas e asinou unha para deixala no noso cole.
Parabéns Xosé! E grazas pola túa visita!