Adxuntamos a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, así como os respectivos anexos para presentar a solicitude.
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22 non ten que presentar a solicitude.
Poderán presentar solicitude, aquel alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22, pero que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude será única para todos os fillos. Deberase presentar cumprimentado o formulario (ANEXO I) e a seguinte documentación (ANEXO II, copia do libro de familia, certificado do grao de discapacidade).
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador, onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables presentando un certificado ou volante de convivencia ou un informe dos Servizos Sociais.
FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:
Unicamente de forma presencial no centro educativo con cita previa.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Do 15 ao 26 de novembro de 2021.
Publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios que está no vestíbulo e avisarase por Abalar da súa publicación.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Orde 28 de outubro 2021.pdf | 747.25 KB |
Anexo I.pdf | 382.34 KB |
Anexo II.pdf | 391.63 KB |