Faragullas de papel

4ª Reunión do club de lectura

Este luns día 16 de xaneiro reunímonos de novo as faragullas de papel para comentar as nosas lecturas.  

No grupo de dentro da biblio adordaron a personaxe de Aine así como a de Ziggy Startdust dende o punto de vista da transgresión e amosarse tal e como son.

Na zona de fora da biblio sobre Garrincha falaron de Bea Maceda, das súas lecturas de nena e das súas obras. Afondaron no sentimento de Joao ao deixar Brasil e os seus desexos futuros: dedicarse ao fútbol.  Tamén comentaron os prexuízos das persoas que veñen doutros países, as diferenzas económicas entre países e moitos outros temas máis.

O tempo pasoulles moi axiña!

 

 

NOVOS LIBROS PARA O CLUB DE LECTURA

Como somos moitos no club dividimos os libros en dous grupos. As nosas novas lecturas son "El álbum de Garrincha" de Beatriz Maceda e "Mamá, quero ser Ziggy Stardust"  de Iria Misa.  Aquí vos deixamos as súas guías e ... ata a próxima quedada! Boas lecturas!

 

3ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Nesta 3ª quedada do noso club de lectura fixemos un faladoiro onde compartimos as nosas lecturas e realizamos unha actividade en inglés. Nesta actividade falamos sobre Derdrín (o noso trasno portagonista) e unha choiva de ideas dos adxectivos cos que o describía autor no libro. Tamén falamos doutros trasnos semellantes que coñecían doutros libros e, por último, descubrimos diferentes "criaturas máxicas" dos bosques arredor do mundo. Para esto tiñan que ler unha descrición en parellas e buscar pola biblioteca a imaxe da criatura que lles tocara. Despois cada parella presentou o seu personaxe ao grupo e situouno no seu país correspondente. 

    

 

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Nesta 2ª reunión do club de lectura puxémoslle o nome "Faragullas de papel", falamos sobre o libro "No corazón do bosque" de Agustín Fernández Paz e elaboramos chapas identificativas que inclúen o compromiso co galego. Velaí unhas imaxes! 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Aquí estamos na nosa primeira reunión onde nos presentamos e nos presentaron o libro. 

 

COMEZAMOS A ORGANIZACIÓN DO CLUB DE LECTURA

     Comezamos lendo nas clases o libro de Miguelanxo Prado da Editorial Astronave, Amani, sobre novas masculinidades e pasando unha enquisa (PICAR AQUÍ PARA VELA) a todo o alumnado de 5º e 6º, finalmente contamos con 28 anotados/as! Todo un éxito!

 

CARTEIS ESTRAÑOS APARECERON NO COLE...

     O noso cole apareceu cheo destes carteis, que nos quererán dicir todos estes famosos e famosas? Que pasará? Pois si! É a campaña de captación de alumnado (inicialmente masculino)! Non se falaba doutra cousas polos corredores... 

Distribuir contenido