Skip to Content

Blog de Educación Física

ESCALADA

Despois dunhas clases onde o alumnado de 5º de Educación Primaria estivemos practicando a escalada, fomos ao rocódromo municipal de Riazor da Coruña a seguir practicando esta actividade física, pero esta vez subindo máis alto!! Forza, resistencia, equilibrio, flexibilidade, e tamén pensar!! Todo isto foi o que necesitamos para escalar moi alto.

Grazas á colaboración do club Agrupación de Montañeiros Independentes (AMI) da Coruña repasamos o material necesario para facer escalada deportiva e ademais de disfrutar escalando aprendimos outras cousas como por exemplo as diferentes modalidades de escalada que existen.

Como sempre esforzámonos moito e pasámolo moi ben!! Foi unha experiencia que esperamos poder repetir.

 

VISITA DUN ÁRBITRO DE FÚTBOL

O venres 9 de Marzo visitounos un árbitro de fútbol da Primeira división da Liga de Fútbol Profesional.

Na aula de Psicomotricidade estivemos moi atentos a todo o que nos contou e despois da súa visita sacamos unha serie de conclusións:

1. Aínda que ás veces as actividades ou experiencias que se nos ofrecen parecen un "rollo" procuraremos ser curiosos e probar antes de decidir. Nunca sabemos se ese vai ser o noso futuro.

2. Debemos ser constantes e loitar polo que nos gusta e queremos. A constancia e o esforzo dan os seus froitos. Para chegar a ser árbitro hai que estudar moito e estar en forma para pasar probas físicas por exemplo de correr.

3. Ó fío dos xornais que traballamos estes días aprendimos que temos que ser moi selectivos e críticos coa información, pois non sempre as noticias son fieis á realidade.

4. Os árbitros son tan importantes como os xogadores e é moi difícil facer de árbitro.

5. Nos partidos de nenos e nenas das nosas idades é importante que nós como xogadores e os nosos pais e nais respecten aos árbitros xa que, aínda que nos guste gañar, o principal e disfrutar facendo deporte.

Pasamos un anaco de tempo moi agradable que se nos fixo pouco á hora da reportaxe gráfica e da firma de autógrafos, pero agardamos poder repetir a visita e cumprir outro tipo de expectativas.

Por último agradecer públicamente a Ignacio Iglesias a súa colaboración altruísta co noso cole nesta actividade que a case todos os rapaces lles fixo moita ilusión, os motivou para realizar os traballos propostos e lles fixo reflexionar acerca dunha profesión descoñecida.

Gracias rapac@es polo interés e o traballo realizado e aos metres pola colaboración prestada!!!

                                                                                                                                                           

* A foto de grupo estará colocada en cada nivel  e na galería de fotos do cole xunto coa firma que nos deixou.

 

 

XOGADE17/18 en Carral 3

Terceira e derradeira xornada deste ano do XOGADE!

Esta vez tocounos facer de visitantes indo ao CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco onde fomos ben recibidos e puidemos gozar dunha xornada deportiva moi agradable. Nesta xornada ademáis estivemos practicando o xogo tradicional da billarda, tamén coñecido como estornela, grazas á participación dalgúns dos integrantes da Asociación Cultural de Veciños de Paiosaco,os cales dedicaron o seu tempo a ensinarnos e xogar con todos nós. Moitas grazas por todo tanto ao colexio como á Asociación!

Como sempre esforzámonos moito e pasámolo moi ben!

O ano que vén esperamos repetir!

 

 

ACROSPORT

Durante estas clases pasadas o alumnado de 5º de Educación Primaria estivemos practicando o Acrosport, unha modalidade de actividade física na que podemos facer diferentes figuras co noso propio corpo en colaboración cos dos demáis. Aprendimos a importancia de colocar ben o corpo, do traballo en equipo, da confianza nos compañeiros e compañeiras e das axudas para realizar algunhas das figuras e pirámides.Gustounos moito e pasámolo moi ben!

Aquí unha mostra do traballo realizado!Acrosport 5º de Primaria Curso2017/18 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

XOGADE17/18 en Carral 2

Segunda xornada do XOGADE!

Nesta ocasión volvemos facer de locais e recibimos no noso colexio ao CEIP Ramón Otero Pedraio de A Laracha.

De novo esforzámonos moito e pasámolo outra vez moi ben! A por outra xornada!

 

 

XOGADE17/18 en Carral 1

Este curso 2017/18 os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participamos nunhas xornadas deportivas de convivencia con outros colexios da zona mediante competicións lúdicas, dentro do programa XOGADE ofertado pola Consellería de Educación, onde practicaremos diferentes modalidades deportivas e xogos.

Estes son algúns dos momentos vividos durante a primeira xornada na que rebibimos no noso colexio aos nenos e nenas do CPI O Cruce de Cerceda.

Esforzámonos moito e pasámolo moi ben! Xa estamos desexando repetir!

 

MÓVETE POLA TÚA SAÚDE

Se tedes un anaquiño botádelle un vistazo a esta guía. Cóntanos un montón de cousas interesantes.

A BILLARDA.

Estes días comezamos a xogar á Billarda. Os pais e nais colaboraron na elaboración e intentámolo os últimos venres......resultounos un poco complicado pero gustounos moito. Algún pai carpinteiro ofreceuse a alaborar algunas para o cole. Agradecemolo moito. Intentaremos facer entre todos instruccións para que cada un na súa casa elabore a súa Billarda.

Tedes as fotos colgadas na galería da páxina web.

Saúdos

"BAJO EL MISMO SOL"...DE CARRAL!!

Durante o curso 2016/17 as clases de 5º e 6º de Educación Infantil bailamos "Bajo el mismo sol"...de Carral!!

XOGOS POPULARES E DANZAS DE GALICIA.

                                      Benvid@s todos........,,

 Xa hai tempo que se está a mover unha maneira nova de enfocar o proceso de aprendizaxe. Como mestres mediadores debemos "subir a ese carro" que avanza a un ritmo vertixinoso. Por eso este primeiro pasiño que aínda que un pouco tarde será o inicio para coller carreira e intentar avanzar cos nosos alumnos ao ritmo de tempos novos.

Comezamos polo máis básico que é presentando o enfoque desta materia baseada no decreto 105/2015 polo que se establece o currículum da educación primaria na nosa comunidade. A proposta e a xustificación desta materia están no arquivo adxunto. Non é máis que a extensión da materia de Educación Física organizada este curso en tres sesións semanais o que nos permite a adicación dunha hora semanal de actividade física intimamente  relaccionada coa cultura e costumes da nosa comunidade.

Pretendo que este sexa un lugar de intercambio onde compartir experiencias, recursos, coñecementos.......e tamén espero a comprensión de todos e a colaboración para subsanar os erros que dende aquí se poidan cometer. Saúde para tod@s......

ORIENTACIÓN DEPORTIVA E SAÚDE

O alumnado de sexto tamén ten unha terceira sesión de Educación Física semanal......

Segundo o decreto 105/2015 polo que se establece o curriculo da Educación Primaria os centros educativos disporán dunha hora semanal no sexto nivel de Educación Primaria na que farán propostas e decidirán a que van adicar ese tempo semanal. Dende o departamento de Educación física propúxose ao claustro a utilización de esa hora de libre adicación dos centros a complementar a materia de Educación Física e así poder paliar os problemas que está a causar o sedentarismo e procurar darlles ferramentas aos nosos rapac@s que lles permitan empezar a desenvolverse de maneira crítica nunha sociedade que fomenta un consumismo irracional e unha imaxe corporal que non se axusta á realidade.

Unha tarefa que ninguen dixo que ía ser doada, pero aquí estamos para colaborar coas familias poñendo o noso "grau de area".

A materia que imos intentar abordar está xustificada e descrita no arquivo adxunto. Somos conscientes da sua extensión, pero abordaremos todos os aspectos que nos sexa posible.

Saúde para tod@s.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut