Skip to Content

Blog de Educación Física

DANZAS DO MUNDO. Francia.

Este curso 2019/20 os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria traballamos para facer unhas danzas francesas. Esforzámonos moito para aprender os movementos das danzas e conseguir bailar colaborando entre todos xuntos para que ao final quedase moi ben!! 

1º DE PRIMARIA: "A danza dos pastores" 

 

 3º DE PRIMARIA: "La Badoise" 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

     Achégase a adaptación da programación de educación física no terceiro trimestre na área de Educación Física.

Camiño de Santiago. Etapa 4

Última etapa do noso camiño! Foi unha etapa que se fixo dura pola choiva que tivemos case todo o tempo, pero iso non impediu que camiñaramos moi ben e que coma sempre disfrutaramos!!

E así, moi contentos pola experiencia, por fin chegamos a Santiago, a súa praza e a súa catedral!!!

 

XOGADE 18/19 en Carral 4

Cuarta e derradeira xornada do XOGADE deste curso e neste caso tamén da etapa xa que os nenos e nenas ata agora participantes de Carral durante dous cursos escolares xa marchan para o instituto, e esperamos que continúen facendo calquera tipo de actividade física!

Rematamos o XOGADE xogando de novo co CPI O Cruce de Cerceda pero neste caso no noso colexio. Foi unha xornada de moito calor pero de novo participamos en todos os deportes e xogos pasándolo moi ben! 

Sendeirismo

Este ano os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria fumos facer unha ruta de sendeirismo polo roteiro da costa de Dexo declarada como monumento natural. Neste caso contamos coa colaboración dos monitores do CEIDA cos cales, ademais de facer actividade física, aprendimos diferentes aspectos sobre a flora e a fauna do lugar así como algunha curiosidade dalgún lugar polo que estivemos.

Pasamos un día agradable nun entorno moi bonito!

Camiño de Santiago. Etapa 3

Na terceira etapa do noso camiño fomos dende Sigüeiro ata A Sionlla optando polo sendeiros do antigo camiño. Foi unha etapa de curto percorrido onde xa acostumados a camiñar pasámolo moi ben e non tivemos ningún tipo de cansancio!

O vindeiro día chegamos a Santiago!

 

 

 

XOGADE18/19 en Carral 3

Máis XOGADE!

Na terceira xornada deste curso tocounos ir de visitantes ao CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. Unha vez máis gozamos moito dos deportes e xogos intentando facelo o mellor posible!

Camiño de Santiago. Etapa 2

Nesta ocasión a nosa segunda etapa foi dende A Calle ata Sigüeiro. Foi unha etapa un pouco máis esixente ca anterior, pero de novo todo o alumnado respondeu moi ben ao esforzo do camiño disfrutando do mesmo.

Santiago xa está máis preto!

 

 

 

Camiño de Santiago. Etapa 1

Este curso 2018/19 os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria imos facer parte do Camiño de Santiago Inglés. Así, realizaremos actividade física aproveitando para aprender algunhas das cousas importantes a ter en conta cando facemos sendeirismo, e tamén coñeceremos aspectos do Camiño de Santiago e da nosa contorna. O noso camiño estará dividido en varias etapas que faremos en diferentes días.

Nesta primeira etapa camiñamos dende o albergue de Bruma ata A Calle. Portámonos moi ben, esforzámonos en non parar de camiñar, disfrutamos moito do camiño e xa estamos esperando con ganas a nosa segunda etapa para achegarnos máis a Santiago!

Aqui vai unha mostra do agradable día que pasamos.

 

 

XOGADE18/19 en Carral 2

Continuamos co XOGADE!

Nesta segunda xornada fixemos de locais e recibimos no noso colexio ao CEIP Ramón Otero Pedraio de A Laracha.

Sen darlle demasiada importancia a gañar ou perder e moi motivados para participar en todas as actividades, de novo esforzámonos e disfrutamos moito! Xa con ganas de que chegue a seguinte xornada!

 

 

 

XOGADE18/19 en Carral 1

Despois da boa experiencia do curso pasado, neste curso volvemos a participar no programa XOGADE cos nenos e nenas de 6º de Educación Primaria os cales están de novo motivados para xogar con nenos e nenas doutros colexios. Así, o pasado día 14 de xaneiro comezamos coa primeira xornada, neste caso visitando o CPI O Cruce de Cerceda.

Foi unha xornada moi boa onde os nenos e nenas disfrutaron unha vez máis esforzándose moito nos deportes e xogos realizados mostrando unha boa deportividade!

Actuación ACROSPORT Decembro18

Neste primeiro trimestre do curso 2018/19 os nenos e nenas de 6ºB de Educación Primaria motiváronse moito recordando o traballo feito no curso pasado de Acrosport e decidiron plantexar unha actuación para o último día do trimestre no festival do cole coincidindo coa chegada do inverno e das vacacións do nadal. Todos e todas participaron e esfozáronse ao máximo para mostrar aos demáis compañeiros e compañeiras do colexio o que se pode chegar a facer cos nosos corpos e sobretodo coa colaboración e o traballo en equipo cos demáis.

Aquí está o espectacular resultado final co que tanto disfrutaron e fixeron disfrutar!

VISITA DE XOSE TOURIÑÁN.

Nas sesións de Educación Física para traballar a Expresión Corporal imitamos un xogo dun programa da TV de Galicia, "Que me estás contando?"

Sara, unha alumna de 4º, fixo o contacto para que nos visitara Xose Touriñán (actor deste programa). Contounos cousas do programa, dos actores...... e xogou un pouco con nos ao "que me estás contando?".

Aquí queda o video e en cada nivel está colgada a foto de grupo coa súa firma por se queredes descargalo. 

Bo verán.

VIDEO DA VISITA

 

"VUELA VUELA"

Este curso 2017/18 os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil nas nosas sesións de Psicomotricidade estivemos deixando voar a nosa imaxinación para traballar, bailar e pasalo ben!!

E como a imaxinación e unha moi boa ferramenta para solucionar problemas e aprender, pois disfrutade deixando voar a vosa imaxinación!!

 

"VIAJA CON NOSOTROS"

Este curso 2017/18 os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil traballamos moito todos xuntos nalgunhas das nosas sesións de Psicomotricidade. Estivemos viaxando, e que ben o pasamos!!

Asi que, como viaxando tamén se aprende moito, xa sabedes, a viaxaarrr!!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut