arquivo
RECORDAS CANDO... FACÍAMOS OS GRUPOS INTERNIVEL?
Achégase o verán e ao mellor estades esperando para mercar un libro ás recomendacións da biblioteca... Pois anunciamos que as teremos a finais desta semana pero mentras tanto aquí vos deixamos as que facían o ano pasado os compañeiros e compañeiras dos grupos internivel.
MARTES 16 DE CURTAS
Ponte nos seus zapatos... Que opinades?
RETOS DOS MÉRCORES
Hoxe é o último día de retos... Deixámosvos un de tipo matemático. Di así:
SE FAI TRES ANOS TIÑA 15 ANOS, CANTOS ANOS TEREI DENTRO DE 8 ANOS?
Cabeciñas de Carral... a pensar!
PINGÜI RECOMENDA...
Un ano máis aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o verán, tedes de inglés, de música, de xogos e tempos en familia... Esperamos que vos gusten e as desfrutedes!
Este ano tamén hai un suplemento, neste caso unhas recomendacións de lectura para erradicar o racismo e a xenofobia e fomentar a tolerancia. Pareceunos que as circunstancias globais que se estaban dando nestes momentos así o requerían. A axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible que adoptou a ONU conta con 17 puntos e ten como obxectivo xeral fortalecer a paz universal, a inclusión e a non discriminación. Velaí o noso gran de area a esta ardua e difícil tarefa: a do respeto ás diferenzas.