arquivo

COMO UNIR PDF?

Seguro que algunha vez tiveche que unir arquivos en pdf  ou quexeches dividilos, aquí vos deixamos unha páxina moi útil para facer estos trámites, chámase I LOVE PDF e é moi intuitiva, está en castelán, so tedes que ir subindo os arquivos e xa o fai todo, a que é fácil? Tamén permite cambiar de formato, botádelle un vistazo picando AQUÍ. 

RECORDAS CANDO...

Recordas o ano pasado por estas épocas que estabamos coa exposición final do proxecto do centro: Descubrindo Carral, temos moito que contar?

Pois aquí vos deixamos outra vez as imaxes... 

Picando AQUÍ accederás a todo o que se fixo dende as aulas durante todo o curso. Este ano non puido ser, pero virán outros e non teñen que ser peores, ao mellor diferentes, pero nada máis. Xa queda menos, ánimo!

MARTES DE CURTAS

Velaquí unha das curtas máis fermosas sobre lectura... Desfrutádea!

QUERES EMPEZAR A PROGAMAR?

Na páxina CODE.ORG picando AQUÍ  atoparás moitas actividades para aprender a programar, é facilísimo, ánimo! Podes convertirte nun experto ou experta programador informático, moitos xogos por resolver e moitos por crear, anímaste? 

LETRAS BONITAS

Mandáronche facer un traballo es estas buscando as letras para poñer na portada? Aquí che deixamos uns cantos modelos por se poden servirche, a verdade é que o mundo da caligrafía é enorme, existen milleiros de tipos de letras! Sorprende aos teus compañeiros, compañeiras e profes cun estilo persoal. Practica cos seguintes exemplos.

Na biblio temos unha canle en PINTEREST, a rede social onde se ""pinean" ou gardan fotografías, seguro que a coñecedes, é un filón para os que buscan decoracións, materiais, cociña, ideas... Picade AQUÍ para ir a ela. Eso si, tedes que ter vós unha conta para acceder e vela selección que fixemos así que pedídelle axuda a un maior. Recordade ter coidado con estes temas pois sodes menores de idade e sempre tedes que estar supervisados por un adulto. Internet ten mil cousas boas que nos solucionan a vida, pero tamén ten as súas malas. Diso falaremos outro día... 

Desfrutade da caligrafía! 

OS CONTOS DO CAMIÑO

"Os Contos de Camiño" é unha serie da TVG onde se adaptaron a través da técnica da animación 26 títulos dos álbumes ilustrados máis coñecidos de OQO EDITORA, seguro que moitos vos sonan de contárvolos os vosos profes ou de velos pola biblio. Picade AQUÍ para ir á páxina. Ademais tamén vos deixamos un dado para xogar en familia despois e conversar sobre o que sucedeu nas historias. Esperamos que vos guste esta nova proposta que estimula a expresión oral e a comprensión.

Pica AQUÍ para acceder ao dado orixinal en castelán. 

RECORDAS CANDO...

Este ano non puidemos facer o libro de biografías das deportistas galegas que tiñamos programado dentro do PDI: LEMOS POR DEPORTE, o confinamento deixounos o proxecto a medias pero...  recordades os outros libros que fixemos? Picade AQUÍ e veredes a páxina do proxecto. Tedes que ir á marxe lateral dereita, alí hai unha frecha na que sae un despregabre con toda a información, pon inicio. Toca recordar e repasar para coller folgos e seguir no vindeiro curso! 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña