Skip to Content

Blogs

Sesión 2. Tecedoras de versos. Practicamos...

Parece que o gancho non é tan fácil, deixámosvos unhas imaxes con esas caras de concentración tan especiais e tamén o próximo poema que imos ler, neste caso de Mar Benegas e as emocións. 

 

 

Sesión 1. Tecedoras de versos. Comezamos!

Os recreos dos martes no recanto de lectura da entrada iniciamos unha nova aventura con 9 nenos e nenas de 4º de EP. Estamos aprendendo a usar o gancho e lendo poesía. Velaquí unhas imaxes do que foi esta primeira sesión. Grazas profe Teresa polo teu tempo!

 

 

Xogos día do libro 2023

Queredes coñecer máis títulos de contos e xogar cos nosos dioramas? Probade os memoris! (Se vedes que son moi pequenos e preferides que se vexan máis grandes picade nos cadradiños que están debaixo para que se abran nunha nova xanela.) 

 

Dioramas - Infantil

 

Dioramas - Primeiro e segundo

 

Dioramas - Terceiro e cuarto

  

Dioramas - Quinto e sexto

WE LOVE OUR FAMILIES

February 2023

 

O pasado mes de febreiro, co gallo do Día do amor e a amizade (14 de febreiro), e dado que estabamos a traballar a familia en inglés, as nenas e nenos de 1º fixemos uns retratos das nosas familias ao estilo do ilustrador e autor Todd Parr.

Aquí tedes unha presentación explicativa da tarefa con imaxes dalgunhas das súas creacións.

 

weloveourfamilies de Teacher Marta

PEACE FACES

January ,2023

   

Co gallo do Día escolar da non violencia e a paz, coñecemos ao artista Picasso, autor, de entre moitas outras obras, do cadro "Guernica" e a varias versións de "Doves" ou pombas, que son símbolo da paz.

Dende o noso "Animal school", as nenas e nenosde 1ºB escollemos unha das súas pombas e convertimos as nosas caras en "Peace faces".

 

Peace Faces de Teacher Marta

Lectura e familias en Educación Infantil

Graciela, a mamá de dous nenos do cole, preparou con esmero e agarimo uns contos para presentarlles aos nenos e nenas de toda a Educación Infantil. Moitísimas grazas polo teu esforzo e adicación! 

  

Formación en radio do alumnado de 4º de EP

    Este martes 18 e mércores 19 de abril os tres grupos de 4º de EP tiveron a formación en radio con Denís Losada de Radio Espora. Aquí vos deixamos unhas imaxes da charla con todos e todas e das sesións en pequeno grupo que se levaron a cabo. Aprenderon a usar a mesa de mesturas, os micros, o Audacity... e moitas outras competencias orais e escritas que son necesarias para facer unha boa locución.  Hai futuro radiofónico no cole! 

Se queredes ver máis fotos podedes consultar o blog de 4º picando AQUÍ. 

Día Internacional do Libro Infantil de Xuvenil, PDI e Easter Egg Hunt.

Co gallo da conmemoración do Día Internacional do libro infantil e Xuvenil o pasado 2 de abril, as nenas e nenos de 5º e 6º traballamos a lectura e identificación de palabras clave en lingua estranxeira con descricións de portadas de libros sobre animais, así, descubrimos algúns dos títulos cos que contamos na biblioteca relacionados co noso  PDI “Cole animal”.
Aproveitando a celebración anglosaxona da Pascua que descubrimos, entre otras cousas, co libro “We’re going on an egg Hunt”, saimos á procura de ovos que tivesen a imaxe da portada do libro que se describía nas nosas tarxetas.

 

 

Votamos a seguinte lectura do noso club

Un dos seguintes libros que imos ler foi escollido polas nenas e nenos participantes no club de lectura. Ofrecéronselle resumos de 5 libros e eles decidiron. 


E o escollido foi... VOLVERÁS, GOLFIÑO, da escritora Andrea Maceiras.

9ª sesión do club de lectura.

Desta volta intercambiamos as actividades de animación á lectura, os de Garrincha fixeron a ximcana e os de Ziggy crearon o seu alter ego. Velaquí unhas imaxes!

7ª e 8ª reunión do club de lectura

Nestas semanas as nenas e nenos de Faragullas de Papel cambiamos os libros. Os que leran Ziggy Stardust (Iria Misa)  leron agora O álbum de Garrincha (Beatriz Maceda) e viceversa.
Nestas sesións analizamos diferentes cuestións: as personaxes, a súa evolución na historia, posibles finais alternativos, que situacións vivimos ou coñecemos que se asemellan as historias que nos contan estes libros...


Ademais disto xurdiron interesantes debates. No caso de Ziggy Stardust falamos sobre identidade sexual, igualdade, ser un mesmo, achegámonos un pouco máis á transgresora figura e personalidade de David Bowie...


No caso do álbum de Garrincha falamos da situación das persoas que veñen doutro país, de cómo se sinte unha persoa cando chega nova a un sitio, da figura de Garrincha e o seu éxito a pesar da adversidade...



Observamos como partindo das mesmas lecturas, con outros grupos de nenas e nenos, xurdiron cuestións diferentes das que apareceran nas reunións previas sobre os mesmos textos. Está a ser, sen dúbida,  unha experiencia moi enriquecedora.

Alumnado de EI argallando cun novo robot

Esta semana, alumnado de 6º de EI, coñeceu un novo robot do noso Polo Creativo: Cubetto. É un robot que permite iniciar o alumnado na programación sen pantallas. A programación lévase a cabo mediante pezas manipulables. Cada unha delas representa unha acción e combinadas créanse secuencias.

Podedes ver nestas imaxes o alumnado de EI iniciándose na robótica e na programación...

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut