Aberto o prazo de bolsas de NEAE para o curso 2024-2025

Enviado por admin o Mér, 08/05/2024 - 04:27

 

Axudas destinadas ao alumnado que requira, por un período de escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas derivadas de:

  • Discapacidade, de

  • Trastorno grave da conduta ou de

  • Trastorno grave da comunicación e da linguaxe.

  • TDAH asociado ás casuísticas anteriores.

  • TEA

  • Altas Capacidades 

O prazo de solicitude estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde se cursarán os estudos no 2024-2025

As solicitudes deberán cumprimentarse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Coa solicitude, deberá achegarse a seguinte documentación:

  • Código Conta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a.

  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar.

  • Fotocopia do Certificado de discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso),

  • Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades 

  • ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de

  • Conduta ou do Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado ás casuísticas anteriores) ou TEA.

  • Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025

  • Outros documentos que se consideren (Título de familia numerosa...)

( categories: )

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2024/25

Enviado por admin o Mar, 06/02/2024 - 10:52

 

 

Xa están publicadas as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos para o curso 2024/25. Podedes consultalas por sede electrónica na aplicación admisión alumnado co código de solicitude ou no taboleiro interno do centro.

DESCARGA DA APLICACIÓN ABALAR MÓBIL PARA FAMILIAS

Enviado por admin o Lun, 17/07/2023 - 06:31

Prezadas familias.

Benvidos e benvidas a un novo curso no CEIP Valle-Inclán. Agardamos que gocedes do verán e destes meses antes de comezar o curso.

Queremos informar de algo importante para a comunicación entre escola-familia: a aplicación de AbalarMóbil da Xunta de Galicia para as familias.

Nesta páxina tedes a información, o manual de usuario, que tamén enviamos neste correo, e vídeos para a instalación e rexistro:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es/servicios-digitales/app-de-comunicacion-abalarmobil-para-familias

En setembro comunicarémonos xa mediante esta aplicación, polo que é moi importante descargala. As familas de novo ingreso ata o 1 de setembro non se sincronizará cos datos da matrícula, polo que non vos aparecerá nada ata ese día. 

 "AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Desta forma, van a poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo. Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais
  • Consultar as cualificacións
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia
  • Consultar as faltas de conduta
  • Solicitar unha cita de titoría
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
  • Modificar o idioma da aplicación

Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que tén como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este."

Agardamos vervos en setembro con moita ilusión. Feliz verán!

Distribuir contido