Escola de Nais e Pais (ENAPAS)

ENAPA CONECTAR É EDUCAR

Enviado por admin o Mar, 08/03/2022 - 08:32

Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA.
Será o próximo luns 14 de marzo de 2022, de 17:30 a 19:30.
Correrá a cargo de Aida López Ortiz, educadora experta en Pedagoxías Activas e certificada en Conecta e Comunica. Formadora en Comunicación non Violenta (CNV).
Leva en activo dende o ano 2000 como profesional da educación facendo eventos educativos e obradoiros para familias e profesionais do ámbito educativo.
 
Nela trataremos aspectos básicos sobre a comunicación non violenta  e a importancia de conectar para educar.
 
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.
Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

AVISO IMPORTANTE. CAMBIO DE DATA NA ENAPA. Será o próximo VENRES 18 de febreiro de 2022, de 17:30 a 19:30.

Enviado por admin o Mér, 09/02/2022 - 14:31
Correrá a cargo de Cristina Rodríguez Ramos, politóloga experta en políticas de igualdade e na prevención e intervención en violencia contra as mulleres.  Actualmente está impartindo os Obradoiros de Igualdade con todo o alumnado do noso centro.
Imparte formación en igualdade e prevención das violencias machistas en distintos sectores sociais: asociacións, grupos profesionais (policía, empresariado, profesionais dos ámbitos sociais e educativos, monitorado de campamentos...), centros de ensino, ANPAS, estudantado...
É dinamizadora da Escola de Empoderamento da Casa das Mulleres, e comunicadora e relatora en distintas Xornadas e Conferencias sobre Igualdade e Violencias Machistas.
 
Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
  • A socialización diferencial entre nenos e nenas e os seus principais axentes: familias, escolas e medios de comunicación/novas tecnoloxías.
  • A incidencia e consecuencias da socialización diferencial.
  • A importancia da educación afectivo-emocional.
  • Recursos para educar en igualdade.

 

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX.

Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.

  

Agradecemos difusión.

PRÓXIMAS ENAPAS

Enviado por admin o Mar, 11/04/2023 - 07:03

Prezadas familias:

 

Xa temos preparadas as nosas seguintes ENAPAS:

 

“NUTRICIÓN NA INFANCIA”

 

Será o próximo luns 17 de abril de 2023, de 17:30 a 19:30h.

 

 

Correrá a cargo de CATALINA PRIETO (24 Zanahorias, Magazine Estacional «Cocina para cambiar»,  Colaboradora de ABC Benestar).

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

  • Nutrición Infantil.
  • Menús.

Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de ENAPAS, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no cuarto andar.

Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.

 

 

“TÉCNICAS DE RELAXACIÓN”

Ámbito Familiar

 

Será o próximo luns 24 de abril de 2023, de 17:30 a 19:30h.

 

Correrá a cargo de IVÁN RIVEIRO ÁLVAREZ (Conversa Psicoloxía).

Na charla trataremos aspectos básicos sobre:

  • Técnicas de relaxación.
  • Obradoiro práctico.

A ENAPA “Técnicas de Relaxación” dividirase en dúas partes, desenvolvéndose a primeira parte na aula de ENAPAS e a segunda na aula de Educación Infantil “A”.

 Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.

 

Asemade, en ambas,  haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA:

anpavalleinclan@gmail.com

 

Agardamos vervos os luns día 17 e  24 de abril. Agradecemos difusión.

Recibide unha aperta,

 

Isabel Landín

Coordinadora das ENAPAS do CEIP Valle- Inclán.

 

Distribuir contido