NOVAS DO CENTROEventos
Iniciar sesión |
AVISO IMPORTANTE. CAMBIO DE DATA NA ENAPA. Será o próximo VENRES 18 de febreiro de 2022, de 17:30 a 19:30.Enviado por admin o Mér, 09/02/2022 - 14:31
Correrá a cargo de Cristina Rodríguez Ramos, politóloga experta en políticas de igualdade e na prevención e intervención en violencia contra as mulleres. Actualmente está impartindo os Obradoiros de Igualdade con todo o alumnado do noso centro.
Imparte formación en igualdade e prevención das violencias machistas en distintos sectores sociais: asociacións, grupos profesionais (policía, empresariado, profesionais dos ámbitos sociais e educativos, monitorado de campamentos...), centros de ensino, ANPAS, estudantado...
É dinamizadora da Escola de Empoderamento da Casa das Mulleres, e comunicadora e relatora en distintas Xornadas e Conferencias sobre Igualdade e Violencias Machistas.
Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX. Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.
Agradecemos difusión. ( categories: )
PEQUENO E GRANDE, DAVID ATTENBOROUGHEnviado por admin o Mér, 09/02/2022 - 03:43
Conto sobre a vida de @davidattenbororoug, de Mikyo Noh e María Isabel Sánchez Vegara, narrado en galego polos representantes do Club de Convivencia do CEIP Valle-Inclán. Conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Xaneiro 2022.
DÍA DA PAZ 2022Enviado por admin o Lun, 31/01/2022 - 12:07
Día da Paz 2022: os e as representantes do Club de Convivencia compartiron co resto do cole un conto sobre @davidattenborough, naturalista, defensor dos dereitos dos animais e figura eixo do reto anual de Convivencia deste curso. Tamén inauguramos "A casa dos bechos" no noso patio dentro do proxecto de @voznatura!
( categories: )
|