VOZ NATURA

Nenos e nenas de 1ºA prepararon novas plantas de romeu a partir de pèquenos talos, actividade que foi recollida por VOZ NATURA.

 

http://www.voznatura.es.mialias.net/articulo-de-actualidad-1383-Plantando

ENTROIDO NO VALES

Este ano no entroido tocou disfrazarse de Medievais, dentro do traballo que estamos a realizar no Proxecto Documental Integrado coordinado dende a biblioteca. Estamos a traballar a Idade Media polo que había representantes dos bufóns, dos cabaleiros, das princesas, das bruxas e bruxos, dos xograres, dos monxes, dos campesiños e campesiñas, da nobreza, dos artesáns e moito máis. Aí vos deixamos unha mostra

 

 

 

SARGADELOS

A rapazada de 5º de Primaria visitou a fábrica de Sargadelos no Castro, Sada. Alí fixeron un percorrido polas instalacións e aprenderon algunha das técnicas de elaboración desta famosa cerámica.

 

DÍA DA PAZ NO VALES

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día da Paz. Tomando como fío conductor o conto "O lápis máxico de Malala" os nenos e as nenas do cole fixeron debuxos, escribiron frases ou elaboraron murais con distintas mensaxes sobre o que lles gustaría facer con ese lápis.

 

 

DÍA DA PAZ on PhotoPeach

ESTADÍA CANADÁ - PROGRAMA PIALE

 Entre os meses de setembro e outubro do 2017 Natalia Ucha, profesora deste centro, participou nun programa de formación de profesorado en Canadá, o programa PIALE da Xunta de Galicia.Consistiu nun mes de formación nun colexio de primaria en Ottawa mentras estaba aloxada en casa dunha familia canadiense. Foi unha experiencia extraordinaria, moi positiva e moi valiosa tanto a nivel pedagóxico como lingüístico. Ademáis de aprender moitos trucos e estratexias para aplicar na aula e de facer unha programación didáctica de matemáticas en inglés para 3º, tamén elaborou unha presentación sobre os aspectos máis relevantes de Canadá e o seu sistema educativo, así como un video resumen con algunhas das "miles" de fotos que trouxo de alí. 
Como parte dese programa, hai que facer unha difusión da súa experiencia, e que mellor maneira de facelo que colgalo no blogue da clase e páxina web do cole para que chegue ao máximo número posible de membros da nosa comunidade educativa. Esperamos que o desfrutedes e para calquera información que queirades sobre o programa non dubidedes en poñervos en contacto con ela.

TAPONEANDO NO VALES

Este ano felicitamos o Nadal con tarxetas elaboradas con tapóns polos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria. Felices festas a todos!!

 

DECEMBRO NO VALES

Durante este mes de Decembro, no cole realizamos diferentes acitividades: participamos nun programa de radio, vimos obras de teatro e espectáculos de maxia, cantamos panxoliñas, fixemos postais de nadal, visitáronnos os reis magos e o apalpador,... Aí vos deixamos unha mostra...

 

 

MEDIEVALES CAPACES

Grazas a todo o alumnado por participar no concurso de debuxo "MEDIEVALES CAPACES".  Noraboa pola vosa creatividade, sensibilidade e esforzo por facer un mundo mellor. 

Foron moitos os debuxos e difícil a elección, así que neste vídeo podedes atopar só unha pequena mostra. Á volta do Nadal poderedes disfrutar de todos os debuxos. 

 

 

 

AGASALLO

Esta semana recibimos uns libros da Asociación Lar de Unta, como agasallo,  por participar no concurso de debuxo "Samaín 2017" organizado por eles.
En breve os poderedes disfrutar na biblioteca.
Moitas grazas !!

 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Nestas datas: para regalar, para desfrutar, para compartir, como excusa para visititar unha biblioteca ... aquí tendes unha selección de libros.
Felices festas!!!

 

Distribuir contido