ESTADÍA CANADÁ - PROGRAMA PIALE

 Entre os meses de setembro e outubro do 2017 Natalia Ucha, profesora deste centro, participou nun programa de formación de profesorado en Canadá, o programa PIALE da Xunta de Galicia.Consistiu nun mes de formación nun colexio de primaria en Ottawa mentras estaba aloxada en casa dunha familia canadiense. Foi unha experiencia extraordinaria, moi positiva e moi valiosa tanto a nivel pedagóxico como lingüístico. Ademáis de aprender moitos trucos e estratexias para aplicar na aula e de facer unha programación didáctica de matemáticas en inglés para 3º, tamén elaborou unha presentación sobre os aspectos máis relevantes de Canadá e o seu sistema educativo, así como un video resumen con algunhas das "miles" de fotos que trouxo de alí. 
Como parte dese programa, hai que facer unha difusión da súa experiencia, e que mellor maneira de facelo que colgalo no blogue da clase e páxina web do cole para que chegue ao máximo número posible de membros da nosa comunidade educativa. Esperamos que o desfrutedes e para calquera información que queirades sobre o programa non dubidedes en poñervos en contacto con ela.