Visitamos o Distrito Forestal de Betanzos

Os nenos e nenas de 2º EP tivemos a sorte de que nos visitaran os axentes do Distrito Forestal de Betanzos. Durante unha animada charla ensináronnos a importancia de coidar o medio natural, as plantas, os animais,... respetando a natureza e non contaminando o noso entorno. Despois visitamos as súas instalacións, que están ao lado do cole, pasámolo xenial!!

Visitamos o Distrito Forestal de Betanzos on PhotoPeach

Saída ao entorno de Betanzos

Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria fixeron un roteiro polo entorno de Betanzos: porto, ponte vella, rio Pelamios,... Aquí tendes unha mostra do que visitaron

SAÍDA AO ENTORNO DO RIO PELAMIOS on PhotoPeach

Creamos poemas

Este trimestre adicámonos á poesía, no mes de xaneiro fixemos unha pequena recollida de poesía popular, no mes de febreiro Rosalía foi o noso punto de atención e en marzo seguimos empapándonos en poesía para crear os nosos propios poemas.
Coa colaboración do Concello de Betanzos, a través do seu servizo de Normalización lingüística e a concellaría de comercio, estamos a por en marcha a campaña Betanzos. Poesía no comercio.
A proposta pretende darlle a máxima difusión ás creacións poéticas do noso alumnado. Uns trescentos poemas espallaranse por todo Betanzos grazas á colaboración de diversos comerciantes locais.
Hai poemas de todo tipo: longos, curtos, suxeitos á rima, libres, sentimentais, descritivos, humorísticos... Diversos coma diversa é a nosa comunidade.
Xogamos coas palabras, aprendemos e divertímonos.
O noso agradecemento a todos os participantes nesta actividade.

 

PDI. O VALES INVESTIGA

O Vales leva investigando todo o curso, cada nivel sobre o seu país: fauna, flora, xeografía, costumes, alimentos, comidas, música, traxes... Aquí tedes unha pequena mostra do traballo que levamos feito e aínda queda moito máis por investigar! Ánimo! Bo traballo!

 

 

ARTE POLA PAZ

Podedes ver os traballos realizados clicando aquí

 

A Comunidade Educativa seguimos a aprender!

Comezamos con moitas gañas de aprender este trimestre, así que esta semana pasada tivemos no centro dúas charlas para profesorado e familias encamiñadas á mellora da Convivencia no noso centro.

O martes día 10 tivemos o pracer de escoitar a Carmen Loureiro, docente de profresión, aínda que xa está xubilada, experta en convivencia e educación emocional. Levámonos moitas cousas na nosa maleta, unha delas:

a importancia de aprender a percibir, sentir, pensar e facer en comunidade, a través do diálogo.

    

 

O xoves día 12 contamos coa presenza de Fernando Villar, Guardia Civil responsable do desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e contorna. Escoitamos a primeira das tres charlas que vai ofrecer, que versou sobre o Acoso Escolar.

  

 

Desde o DO agradecer a súa colaboración e a asistencia de mestres e familias.

Esperamos poder disfrutar da súa presenza en vindeiras ocasións e compartir con eles un café... de cores.

 

Ano novo... cociña nova!

Este ano 2017 o Vales estrea cociña nova!. Bueno, en realidade é a mesma pero está tan ben pintadiña que parece outra. As mestras e mestre de PT e AL, con axuda de Marcos, Jaime, Aarón, Hugo, Iván, José Antonio, Pablo, Guille,  Lola, Isaac e Yaiza puxéronlle cor para poder disfrutar e aprender mellor, sempre CON CORES!!!! Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e traballo. Quedou chulísima!, Non si?.

    

Distribuir contido