A Comunidade Educativa seguimos a aprender!

Comezamos con moitas gañas de aprender este trimestre, así que esta semana pasada tivemos no centro dúas charlas para profesorado e familias encamiñadas á mellora da Convivencia no noso centro.

O martes día 10 tivemos o pracer de escoitar a Carmen Loureiro, docente de profresión, aínda que xa está xubilada, experta en convivencia e educación emocional. Levámonos moitas cousas na nosa maleta, unha delas:

a importancia de aprender a percibir, sentir, pensar e facer en comunidade, a través do diálogo.

    

 

O xoves día 12 contamos coa presenza de Fernando Villar, Guardia Civil responsable do desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e contorna. Escoitamos a primeira das tres charlas que vai ofrecer, que versou sobre o Acoso Escolar.

  

 

Desde o DO agradecer a súa colaboración e a asistencia de mestres e familias.

Esperamos poder disfrutar da súa presenza en vindeiras ocasións e compartir con eles un café... de cores.