ESTADÍA CANADÁ - PROGRAMA PIALE

 Entre os meses de setembro e outubro do 2017 Natalia Ucha, profesora deste centro, participou nun programa de formación de profesorado en Canadá, o programa PIALE da Xunta de Galicia.Consistiu nun mes de formación nun colexio de primaria en Ottawa mentras estaba aloxada en casa dunha familia canadiense. Foi unha experiencia extraordinaria, moi positiva e moi valiosa tanto a nivel pedagóxico como lingüístico. Ademáis de aprender moitos trucos e estratexias para aplicar na aula e de facer unha programación didáctica de matemáticas en inglés para 3º, tamén elaborou unha presentación sobre os aspectos máis relevantes de Canadá e o seu sistema educativo, así como un video resumen con algunhas das "miles" de fotos que trouxo de alí. 
Como parte dese programa, hai que facer unha difusión da súa experiencia, e que mellor maneira de facelo que colgalo no blogue da clase e páxina web do cole para que chegue ao máximo número posible de membros da nosa comunidade educativa. Esperamos que o desfrutedes e para calquera información que queirades sobre o programa non dubidedes en poñervos en contacto con ela.

TAPONEANDO NO VALES

Este ano felicitamos o Nadal con tarxetas elaboradas con tapóns polos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria. Felices festas a todos!!

 

DECEMBRO NO VALES

Durante este mes de Decembro, no cole realizamos diferentes acitividades: participamos nun programa de radio, vimos obras de teatro e espectáculos de maxia, cantamos panxoliñas, fixemos postais de nadal, visitáronnos os reis magos e o apalpador,... Aí vos deixamos unha mostra...

 

 

MEDIEVALES CAPACES

Grazas a todo o alumnado por participar no concurso de debuxo "MEDIEVALES CAPACES".  Noraboa pola vosa creatividade, sensibilidade e esforzo por facer un mundo mellor. 

Foron moitos os debuxos e difícil a elección, así que neste vídeo podedes atopar só unha pequena mostra. Á volta do Nadal poderedes disfrutar de todos os debuxos. 

 

 

 

AGASALLO

Esta semana recibimos uns libros da Asociación Lar de Unta, como agasallo,  por participar no concurso de debuxo "Samaín 2017" organizado por eles.
En breve os poderedes disfrutar na biblioteca.
Moitas grazas !!

 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Nestas datas: para regalar, para desfrutar, para compartir, como excusa para visititar unha biblioteca ... aquí tendes unha selección de libros.
Felices festas!!!

 

O VALES VOLVE A SER PREMIADO

O CEIP Francisco Vales Villamarín acaba de ser galardoado no IV Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación da biblioteca escolar no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe)

O proxecto “Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo”, que se desenvolveu en colaboración coa EEI de Fontelo e coa EEI de Coirós de Arriba, recibiu o premio na modalidade de Proxectos de Investigación Intercentros.

Unha vez máis…

NORABOA Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO VALES!!!


SANTA CECILIA

O día 22 de novembro celebrouse Santa Icía. No cole, un ano máis, o festexamos, como non podía ser de outra maneira, con música. As mestras Ana e Maria, xunto cos familiares dos nenos e nenas do cole, organizaron un festival cheo de música para todos. Moitas grazas aos nos que fixéchedes pasar un rato moi agradable.

 

MAGOSTO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP celebramos, a finais do mes de outubro, a festa das castañas. Moitas grazas a todos os que colaboráchedes en que o pasáramos xenial!!

 

Distribuir contido