LETRAS GALEGAS

Onte, para festexar o día das nosas letras, ademáis de coñecer nas clases a figura de Antón Fraguas, tivemos a sorte de contar coas actuacións da Escola Municipal de Folclore e cos nenos e nenas das danzas gremiais dos mariñeiros e dos labradores de Betanzos.

 

VII XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

      Programa
 
 
          Data límite: 28 de maio de 2019
          Número de prazas: ata completar a capacidade e por rigurosa orde de inscrición
          A túa admisión será confirmada a través de correo electrónico ao enderezo que facilites.
 
 
 
 
 

Charla para as familias: Comunicación afectiva-sexual

A ANPA Brigantium e a ANPA O Carregal organizan estas interesantísimas charlas gratuítas para as familias sobre como tratar con normalidade a  afectividade e sexualidade cos nosos fillos e fillas. Serán o xoves 23 de maio e o mércores 29, ás 18:00h no CEIP Fco. Vales Villamarín. A charla será impartida pola asociación SEXUS.

Animádevos a asistir!

 

 

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-2020

Para ver a lista definitiva de admitidos para o curso 2019-2020, prme AQUÍ.

matrícula do alumnado realizarase entre o 20 e o 30 de xuño de 2019.

O MAGO ANTÓN NO VALES

O alumnado de Primaria gozou co espectáculo de Maxia do Mago Antón.

VISITA AO CIEC

CIEC on PhotoPeach

ACTIVIDADES VOZ NATURA

Estes días nenos e nenas de 5º de Infantil, de 1º e de 2º de E. Primaria, levaron a cabo actividades relacionadas co medio natural.

Os de infantil ensináronlle aos de 2º o que aprenderon sobre as plantas que teñen no xardín do seu cole. Os de primeiro asistiron a unha representación teatral do grupo de teatro da Fundación Abanca.

Se queredes ver todo o que fixeron non dubidedes en visitar o blogue de Voz Natura!!

 

http://ahortademero.blogspot.com/

DÍA DA DANZA

Hoxe conmemórase o Día da Danza, unha homenaxe ao francés Jean-Georges Noverre, bailarín e profe de ballet, coñecido coma o pai do ballet moderno. Nenas e nenos de 1º e de Infantil tivemos a sorte de gozar cun espectáculo de baile onde nenas do cole representaron varias pezas de ballet, baile moderno e flamenco.

CARREIRA SOLIDARIA

Nenos e nenas dos distintos colexios e institutos de Betanzos, acompañados dos seus mestres e familiares, participaron onte nunha nova edición da "Carreira Solidaria". Esta carreira ten como obxectivo a axuda aos demáis. Nesta ocasión a actividade promovía dúas causas: unha a recollida de alimentos para Cáritas e Cruz Vermella e outra a recadación de cartos para a loita contra o meduloblastoma.


Moitas grazas a todos e todas por facelo posible un ano máis!!

 

CARREIRA SOLIDARIA on PhotoPeach

CAMPAÑA SOLIDARIA

Se vostede quere colaborar na iniciativa "LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA" que promove un alumno do noso colexio, pode facelo de dúas formas:

1. Entrando na dirección e facendo directamente a doazón.

https://solidarios.criscancer.org/fundraisers/luchando-contra-el-meduloblastoma2

 2. Ingresando na conta do Banco Santander, cconcepto "CORUÑA".

ES4600490627992410719675

Distribuir contido