NOVAS DA BIBLIOTECA
O Equipo de Biblioteca fixo unha selección de recursos dixitais para axudarvos na investigación sobre a Idade Media.http://pdi-valesvillamarin.blogspot.com.es/2017/10/recursos-dixitais.html
Idade media, by bibliotecavales
Tamén tedes dispoñibles novas sobre recomendacións de libros , a actividade de Lectura compartidas e os primeiros traballos feitos por distintos cursos sobre a Idade Media.
O VALES VILLAMARÍN, PREMIO A PROXECTOS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO 2017
O noso colexio, o CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN, obtén, segundo a resolución provisional, o Premio a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017
Para ler máis sobre este tema, prema na imaxe ou aquí.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Ó longo destas semanas celebraranse as sesións de formación de usuarios de todos os niveis coa posterior entrega de carnés.
O VALES, SELECCIONADO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA "INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA EDUCATIVA EN PRIMARIA"
O CEIP Francisco Vales Villamarín foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria".
ATREVÍMONOS!
Hoxe, 4 de outubro, conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, e grazas a ASPACE Coruña achegámonos a persoas con parálise cerebral para coñecelas.
O alumnado de 5º EP do noso centro participou das actividades organizadas con motivo de dita conmemoración englobadas dentro das numerosas actividades programadas en torno ao 40 aniversario da asociación.
Comezamos a semana cunha interesantísima charla sobre o que é a Parálise Cerebral e cómo son as persoas con dita discapacidade. Xogamos e disfrutamos con eles e preparamos os nosos desexos de futuro, que hoxe compartimos con toda a comunidade no acto organizado na praza Irmáns García Naveira, mentres escoitábamos o manifesto lído por Eliseo e Jorge e colaborábamos en pintar unha fermosa balconada agasallada ao Concello pola asociación.
Grazas a Jorge, Yago, Chon. Eulogio ... e a todas as persoas de ASPACE Coruña por contar connosco neste fermoso día. Desde o Vales desexamos que os vosos soños se fagan realidade e estamos convencidos de que TOD@S XUNT@S poderemos alcanzalos.
PROXECTO E-DIXGAL
O CEIP Francisco Vales Villamarín foi seleccionado para participar no Proxecto E-dixgal a partir do próximo curso 2017-2018.
LER NO VERÁN. EN GALEGO, COMO NON!
No blogue Non te cortes coa lingua podedes atopar unhas recomendacións de lectura frescas e divertidas.
Bo verán!!
TRÍPTICOS DOS PAÍSES
NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DOS ACTOS DE FIN DE PRIMARIA
O número premiado cunha tablet, despois do sorteo celebrado o 23 de xuño nos actos de Fin de Primaria é o 4110
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- …
- seguinte ›
- última »