Blogues

VISITA A SOTAVENTO

A rapazada de 6º de Primaria visitou as instalacións do Parque Eólico de Sotavento. Alí aprenderon sobre Educación Ambiental, enerxías renovables, o uso responsable da enerxía, os problemas ambientais...

DIA DA PAZ 2023

PREMEDE NA IMAXE

LIBROS NA MALETA

E así, case sen que nos deramos conta, entre tantas actividades e emocións, chegamos a fin de curso.

Non queremos que votedes en falta as vosas lecturas favoritas e, por iso, igual que preparamos a roupa que queremos levar cando marchamos de vacacións, o equipo da biblioteca preparouvos unha MALETA CHEA DE LIBROS para que escollades cales preferides colocar entre os imprescindibles para levar.

BO VERÁN E MELLORES LECTUAS!

CONCERTOS NO VALES

Estas semanas tivemos a sorte de poder gozar con varios concertos para a rapazada de infantil e de primaria. Por unha banda, o Concello organizou un concerto co músico Pablo Díaz, onde nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de Primaria cantaron e bailaron ao son das súas cancións. Pola outra, nenos e nenas do Conservatorio Municipal do Concello interpretaron, xunto cos seus profes, algunhas cancións para o público de 2º de Primaria.

LETRAS GALEGAS 2022

Para conmemorar o Día das Letras Galegas e ao escritor homenaxeado este ano, no cole, ademais de distintas actividades nas aulas para coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán, tivemos a sorte de poder disfrutar cun pequeno festival.

Nenas e nenos, tanto de infantil coma de Primaria, xunto cos profes, gozaron dos bailes dos grupos do Entroido de Samede e dos Mariñeiros de Betanzos. Para rematar o Festival, todos xuntos bailamos Terra, das Tanxugueiras. Pasámolo xenial!!

PREMEDE NA IMAXE!!

BAILE TERRA INFANTIL

ALMORZOS CON XEITO

Alumnado de 2º E. Primaria, dentro do Plan Proxecta, co Programa "Aliméntate ben" celebraron o Día da Boa Alimentación cun almorzo saudable con produtos naturais: leite, pan, froita fresca...

PREMEDE NA IMAXE!

Distribuir contido