Blogues

ROTEIRO DOS MUÍÑOS

Nenos e nenas de 3º de Primaria participaron nun roteiro aos muíños de Caraña. Saíron do cole parándose a observar os ríos Mendo e Mandeo na súa desembocadura. Pasearon pola Ribeira cara ao Xuncaliño e dende alí subiron ata Caraña. Puideron ver os antigos muíños e a fábrica de curtidos que se atopa á beira do río Pelamios, afluente do Mandeo. Despois de repoñer forzas no parque do Xuncaliño, achegáronse ata a estación de tren e a depuradora de Betanzos. Aprenderon un montón de cousas!!

PREMEDE NA IMAXE

PATIO ANDALUZ

Os nenos e nenas de 1º de Primaria quixeron adornar con macetas nas paredes un dos recunchos do patio.

Premede na imaxe!

 

 

ASPACE CORUÑA

CLICADE NA IMAXE

POESÍA CON ANTÍA OTERO

Con motivo do Día Internacional do Libro e baixo o título "Un poema nunha buguina", a escritora Antía Otero volve visitar o colexio, desta vez para realizar un obradoiro de poesía co alumnado de 6º de Primaria.

 

COÑECENDO XAPÓN...

Dentro do Proxecto Documental Integrado da Biblioteca, a rapazada de 5º de Primaria está a profundar sobre Xapón. Estes días recibiu a visita de Kaiko, unha muller xaponesa, que lles está a mostrar como é o seu país e as súas costumes.

O LOITADOR DA GALAXIA

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos organizou para a rapazada de 4º de E. Primaria a actividade "O loitador da galaxia". Neste contacontos, Raquel Queizás, co seu inigualable estilo, narra as distintas iniciativas que levou a cabo ao longo da súa vida  Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no día das Letras Galegas 2023.

CINEMA EN PERSPECTIVA

Alumnado de 5º e 6º de Primaria participou na actividade "Cinema en Perspectiva" organizada pola Consellería de Educación. A actividade consistiu na proxección de cinco curtas nas que se abordaban os prexuízos e os elementos sexistas que afectan ás persoas na sociedade.

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Esperamos que unha celebración tan significativa nos permita coñecer mellor e tomar conciencia dunha situación que afecta tanto a nenas/os como a súas familias e aos centros educativos que os acollen.

 

 

 

AMIZADES DE PATIO

Na clase de 2ºA tiveron unha idea xenial para os momentos de lecer no recreo... Queredes saber en que consiste?

Premede na imaxe!

A PANTASMA COLORIDA

A rapazada de Infantil e de 1º de Primaria tivo a sorte de asistir á presentación do conto A PANTASMA COLORIDA da man das súas autoras.

Visitade o blog de Leo e Mariña!!!

 

Distribuir contido