Blogues

REVERDECENDO A ESCOLA

Nenos e nenas de 2º e 4º de Primaria están a participar nunha actividade organizada pola Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A actividade consiste na creación dunha charca nun dos espazos do patio de 1º. A pouquiños está collendo forma!!

Se queredes ver o proceso de construcción da charca visitade o blog de Mero, clicade PARTE 1 PARTE 2, PARTE 3

CONCERTO DIDÁCTICO

Hoxe 3º e 4º de Primaria asistiron ao Pazo da Ópera na Coruña a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia e o seu Coro Xoven, dirixidos por Fernando Briones. "Walt y Diana, el viaje continúa" fantástica historia narrada por Víctor Grande, que foi levando aos pequenos e pequenas polas bandas sonoras de películas como "Hércules", "Encanto", "Brave", "La Bella y la Bestia",... Antes do concerto tiveron tempo para xogar e merendar no parque de Santa Margarida.

O concerto pódese gozar, tamén, na fin de semana en familia!

PREMEDE NA IMAXE!

 

CHARLAS PSICÓLOGO

Alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu, ao longo de varias xornadas, a visita do Psicólogo do Concello. Nesas charlas, falouse das adiccións ao alcohol e ás drogas e das emocións e da súa relación co sistema nervioso, e como estas drogas modifican o comportamtento e a percepción do mundo.

DÍA DA POESÍA

A rapazada de 5º de Primaria recibiu a visita da escritora Antía Otero, coa que descubriron o emocionante mundo da poesía. Falaron dos elementos imprescindibles que ten que ter un poema e tiveron a sorte de asistir a un breve recital interpretado por esta gran artista. Pasárono xenial!

CÍCLOPE

Alumnado de 5º de Primaria visitou a Fundación ABANCA, na Coruña, para asistir á representación teatral de Cíclope. Na historia, un grupo de rapaces e rapazas idean un plan para recadar diñeiro e viaxar a Grecia para a excursión de fin de curso.

 

CON VOZ DE MULLER

Dentro da programación de actos do DIA DA MULLER, o Departamento de Igualdade do Concello de Betanzos organizou un espectáculo musical para a rapazada de 3º, 5º e 6º de Primaria titulado CON VOZ DE MULLER. Coa voz de Carolina Rubirosa, e a súa guitarra, e acompañada de Gemola, co seu derroche de enerxía, fixeron un percorrido polo papel da muller na música ao longo da historia, dende Ana María Mozart ata Alaska.

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

A rapazada de 6º de E. Infantil fixo unha excursión ao Museo de Belas Artes, onde puideron gozar de esculturas e pinturas de diferentes artistas.

CLICADE NA IMAXE

WHAT MONSTER!

PREMEDE NA IMAXE

24 DE FEBREIRO

Hoxe tivemos unha xornada moi variada e chea de actividades!

Os nenos e nenas de 6º de Primaria asistiron, na Coruña, a unha obra de teatro en inglés titulada What monster!". A rapazada de infantil tivo a sorte de probar as filloas, grazas á colaboración das súas familias. Os de 1º e 2º tivemos unha xornada de xogos populares, coa axuda de nenos e nenas de 5º. E todo o cole gozou coa variedade de disfraces que levamos!

Moitas grazas a todos e todas!

clicade na imaxe!

Distribuir contido